¿QUÉ É O CIM?

Servizo de información xurídica, atención psicolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade encamiñada a mellorar a calidade de vida das mulleres da Comarca de Ordes.

Na área xurídica
Separación, divorcio, herdanzas, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos, prestacións sociais, ..

Na área psicolóxica
Depresión, ansiedade, maltrato, baixa autoestima, mediación familiar, dificultades coa parella, adicións, apoio grupal a persoas afectadas por enfermedades crónicas, …

Na área de formación de recursos
Cursos para persoas desempregadas e ocupadas, información sobre: aluguer de vivenda, axudas ás familias numerosas, axudas económicas ás victimas de violencia doméstica, recursos para a conciliación da vida laboral e familiar,…

Na área de actividades
Charlas, talleres, escolas de nais e pais, excursións, video-forums, campañas de sensibilización,…

Na área de atención específica a
Emigrantes e inmigrantes retornados/as, persoas con discapacidade, víctimas de violencia doméstica, prostitución, familias monoparentais,...

 
¿CÓMO CONTACTAR CON NÓS?

Concello de Ordes.
Rúa Alfonso Senra, nº 108, Ordes (A Coruña).

  • HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:
    • Luns a Venres: 9:30 a 14:30
  • Asesoramento Xurídico:
    • Luns de 15:30 a 21:30
  • Asesoramento Psicolóxico:
    • Martes e Xoves de 10 a 13.

Teléfonos: (981) 68 21 08 / 981 68 00 02 e 981 68 01 57 (Ext. 214).
Fax: 981 68 21 08.
E-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla .

 
PROGRAMAS
  • PROGRAMA CONCORDIA
    Organiza: Concello de Ordes
    Colabora: Ecos do Sur
    Contidos: ofrécese información e asesoramento xurídico especializado en estranxería ou acerca de procedementos administrativos (obtención de permisos, reagrupación familiar, obtención da nacionalidade española, requisitos de entrada en España, homologación de estudios, relacións matrimoniais e paterno-filiais, escolarización de menores, etc.) Tamén se ofrece asesoramento laboral sobre canais específicos de búsqueda de emprego e a inclusión na base de datos do Servicio de Orientación Laboral ao Inmigrante de Ecos do Sur.

    Destinatarias: Persoas inmigrantes e emigrantes retornados/as
    Lugar: Concello de Ordes (Rúa Alfonso Senra, 108 – Ordes)
    Horario: Mércores de 9:30 a 1:30. Solicitar cita previa no Centro de Información á Muller.
     
  • SERVIZO DE INTEGRACIÓN LABORAL DA CO.GA.MI.
    Organiza: CO.GA.MI.

    Colabora: Concello de Ordes
    Contido: No servizo de orientación laboral realizánse as seguintes actuacións:
      • Informar e asesorar individualmente ás persoas con certificado de minusvalía sobre as posibilidades de emprego por contra propia ou allea.
      • Incidir sobre factores de motivación (familia, entorno, axudas técnicas...)
      • Apoiar á empresa no proceso de incorporación de traballadores/as con discapacidade.
      • Informar ao empresariado local sobre as posibilidades de emprego das persoas con discapacidade e dos seus beneficios asociados.
      • Asesorar ao empresariado sobre os dereitos e obrigas derivados das relacións laborais.
    • Xestionar ofertas de traballo.

Colectivo destinatario: Persoas con discapacidade de Ordes.
Para máis información: C.I.M. de Ordes.

  • PROGRAMA DE TELEASISTENCIA MÓBIL PARA VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO : TAMV-VG
    Convoca: Concello de Ordes a través do Programa de Teleasistencia Móbil do IMSERSO e da FEMP.
    Contido: Este programa é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía adecuada, ofrece ás usuarias unha atención inmediata e a distancia, as 24 hóras do día os 365 días do ano. Permite que as mulleres en risco de sufrir violencia de xénero poidan entrar en contacto cun centro de atención, formado por persoal específicamente preparado para dar resposta axeitada a crise exposta, ben por si mesmos, ou mobilizando outros recursos humanos e materiais existentes. O contacto cos centros de atención pode establecerse en todo momento tan só premendo un botón do teléfono. Cruz Roja Española é a encargada de xestionar este programa.
    Requisitos:
    Mulleres víctimas de violencia de xénero que conten con orden de protección.

    Prazo:
    Todo o ano.
    Informa: Centro de Información á Muller do Concello de Ordes.
    Tel.: 981-68-21-08. Rúa Alfonso Senra nº 108. Ordes.
  • Documentación
    Contido: Servizo de consulta e préstamo de libros e vídeos relacionados coas políticas de igualdade e outras temáticas de interese para as mulleres.
    Lugar: C.I.M.
 
FORMACIÓN
  • CLASES DE ESPAÑOL PARA INMIGRANTES
    Organiza: Concello de Ordes
    Colabora: Ecos do Sur
    Destinatarias: Persoas inmigrantes e emigrantes retornados/as
    Horario: mércores de 10 a 13 horas.
    Lugar de realización: Casa da Cultura (Rúa General Mola, s/n. Ordes)
    Prezo: O curso e o material serán gratuítos
  • TALLER DE AUTOESTIMA
    Contido: Grupo de terapia para a mellora da autoestima e das habilidades sociais dirixido a mulleres da Comarca.
    Os obxectivos da actividade son:
    • Coñecer e reflexionar como a autoestima incide na saúde integral da muller.
    • Promover costumes de vida saúdables nas mulleres.
    • Analizar as consecuencias que para a saúde das mulleres ten a tensión laboral, así como a falta de recoñecemento que a sociedade ten sobre o traballo doméstico.
    • Valorar a importancia do grupo como medio de prevención e fomento do crecemento persoal.
      Destinatarias: Mulleres da comarca de Ordes
      Inicio: 16 de xaneiro de 2007
      Horario: De 10 a 11:30 horas, dous martes ao mes, tal e como se indica a continuación (xaneiro: 16 e 30; febreiro: 13 e 27; marzo:13 e 27; abril: 10 e 24; maio: 8 e 22: xuño: 5 e 19)
      Lugar de realización: Casa da Cultura (Rúa General Mola, s/n. Ordes)
      Prezo: O curso e o material serán gratuítos.
  • GRUPO DE TERAPIA “A Fibromialxia”
    Contido: Grupo de terapia de persoas afectadas de fibromialxia. Nas sesións abórdanse temas relacionados coa doenza, habilidades sociais, autoestima, etc.
    Esta actividade inclúe apoio psicolóxico aos familiares das persoas afectadas por fibromialxia co obxectivo de que teñan un maior coñecemento da doenza e das repercusións que esta ten a nivel de saúde e social. Ademáis serve como punto de encontro para o apoio mutuo entre as persoas afectadas e o entrono familiar e social máis próximo.
    Lugar: Antigo Centro de Saúde de Ordes (Campo da Feira. Ordes)
    Horario: Os primeiros luns de mes, de 19 a 20:30 horas
    Para a inscrición ou obter máis información chamar ao número de teléfono: 627 983 619 ou no C.I.M.

 
ACTIVIDADES
clases-de-espaNol-galego

2encontros

formacion-protocolo
carta
doc DESCARGAR FICHA DE INSCRICION 964.50 Kb

23 DE SETEMBRO. DIA INTERNACIONAL EN CONTRA DA EXPLOTACION DE MULLERES E NENAS

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes

emprende unha campaña de sensibilización en colaboración con Radio Ordes

 


 Co gallo da conmemoración do "Día Internacional en contra da explotación e trata de mulleres e nenas", que se celebra o 23 de setembro, a Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes en colaboración con Radio Ordes impulsa unha campaña de sensibilización en cobtra da explotación e trata de mulleres e nenas.

folleto23setembro-1

folleto23setembro-2

 A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes

Oferta un obradoiro “musicoterapia”.

 

Esta actividade é organizada polo Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e está cofinanciada polo Fondo social Europeo e o Instituto da Muller (na publicidade debemos destacar esta información)

 

DURACIÓN: 4 horas

 

DESTINATARIAS: Mulleres

 

DATAS: Luns, 28 de setembro de 4 a 8 da tarde

 

LUGAR: Local Social (Rúa da Reconciliación-Ordes)

 

OBXETIVOS:

  • Potenciar o emprego da música e ritmo como elementos de comunicación.

  • Favorecer a iteración e participación social

  • Desenvolver a creatividade

  • Entender a música como vehículo de comunicación cos demais.

  • Gozar da música a través do xogo.

  • Educar para a saúde.

 

PARA A INSCRICIÓN OU OBTER MÁIS INFORMACIÓN

Centro de Información á Muller do Concello de Ordes

Alfonso Senra, nº 108- 15680 Ordes (A Coruña)

Teléfonos: 981 682 108/ 981 680 002

 

As prazas son limitadas. A inscrición pode realizarse dende o venres, 18 de setembro.

 



A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes

organiza un obradoiro de Tempo Libre activo

Esta actividade é organizada polo Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e está cofinanciada polo Fondo social Europeo e o Instituto da Muller (na publicidade debemos destacar esta información)

 

DURACIÓN: 4 horas

 

DESTINATARIAS: Mulleres

 

DATAS: Mércores, 21 de outubro de 10 a 14 horas

 

LUGAR: Local Social (Rúa da Reconciliación-Ordes)

OBXETIVOS:

  • Orientar sobre o aproveitamento activo de tempo libre.

  • Dar pautas reais de cara a procura de alternativas de lecer e tempo libre

  •  Aprender a xestionar o tempo libre

 PARA A INSCRICIÓN OU OBTER MÁIS INFORMACIÓN

 

Centro de Información á Muller do Concello de Ordes

Alfonso Senra, nº 108- 15680 Ordes (A Coruña)

Teléfonos: 981 682 108/ 981 680 002

 

As prazas son limitadas. A inscrición pode realizarse dende o 18 de setembro.

 
 
 
Charlas informativas
"Salud Reproductiva y métodos anticonceptivos"
dirigidas a  Mujeres Inmigrantes Marroquíes.

El próximo Miércoles, 26 de Noviembre de 2008 el Concello de Ordes en colaboración con la ONG gallega Ecos do Sur realizarán la primera de las dos charlas del ámbito sanitario: Salud Reproductiva. La segunda, sobre métodos anticonceptivos, se llevará a cabo el Miércoles, 3 de Diciembre de 2008.

Estarán dirigidas al colectivo de mujeres inmigrantes marroquíes.

Las charlas darán comienzo a las 17:00 h. y finalizarán a las 19:00 h. en La Casa de la Cultura (C/ Galicia, nº 23-25 – Ordes).

Está organizada por el Concello de Ordes a través de la Oficina de Información a Migrantes, en colaboración con la ONGd gallega Ecos do Sur, la Secretaría Xeral de Emigración y el Ministerio de Trabajo e Inmigración.

Las interesadas podrán inscribirse de forma gratuita, llamando o acudiendo personalmente al Concello de Ordes, en C/ Alfonso Senra , 108. Ordes -  A Coruña (981 68 00 02).