BENVIDA
¿Queres ser empresario? ¿Precisas asesoramento para crear o teu  negocio? ¿Queres coñecer os incentivos que ofrece o servizo público de emprego ou qué actuacións se están a desenvolver no Concello para mellorar a túa empregabilidade?  pois hai  un Técnico de Emprego preto de ti para axudarche.
O Concello de Ordes en colaboración coa Consellería  de Traballo ven de poñer en marcha un novo servizo: un Técnico Local de Emprego para promover a creación e consolidación de iniciativas empresariais e novos postos de  traballo. Achégate o Concello de Ordes e infórmate.

Enderezo:
Concello de Ordes
Avda. Alfonso Senra 108 (1º andar)
15680 Ordes
Teléfono: 981 680002
Fax: 981 682221

 
 
SERVIZOS
  • Xestión de axudas  para  favorecer o emprego, centrándose sobre todo, naqueles  colectivos  con maiores  dificultades de inserción á hora de conseguir emprego.
  • Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o acceso a eles.
  • Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo.
  • Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subencións para a formación e o emprego.
  • Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial as participantes en políticas activas de emprego.
  • A prospección dos recursos ociosos ou infrautilizados e de proxectos empresariais de promoción económica e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.
 
SUBENCIÓNS
CONSELLERÍA DE TRABALLO
www.traballo.xunta.es
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
www.conselleriaiei.org
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN
www.mtas.es
MINISTERIO DE INSUSTRIA, TURISMO E COMERCIO
www.mistyc.es
UNIÓN EUROPEA (DOUE)
 http://eur-lex.europa.eu
 
ORIENTACION LABORAL

Os dous grandes procedementos de busca de traballo son o pasivo e o activo.

  • A busca pasiva é a presentación da candidatura ós procesos de selección convocados polas empresas privadas ou públicas, xeralmente a través dos anuncios publicados tanto en medios de comunicación como en boletíns oficiais.
  • A busca activa é a presentación da candidatura de forma espontánea a empresas que non anunciaron publicamente a súa intención de cubrir un posto determinado.

Conseguir un traballo é, ante todo, un problema de actitude. “Se a montaña non vén a Mahoma, Mahoma irá á montaña". Dito doutra maneira, existen dúas modalidades de actuación para a busca dun posto de traballo.Ambas non son en absoluto incompatibles, polo que se fará ben en contestar ós anuncios en prensa que resulten interesantes, ó tempo que se intenta o procedemento máis difícil, pero tamén máis prometedor, a busca activa.

A CARTA DE PRESENTACION
A carta de presentación, polo xeral acompaña ó curriculum vitae. O envío desta carta pode responder a distintos motivos:

  • Respostar a unha oferta de emprego (mercado aberto).
  • Ofrece-los nosos servicios por iniciativa propia (autocandidatura, mercado oculto).

A carta de presentación, é a primeira fonte de información que vai te-la empresa sobre ti, polo que debes dar unha idea favorable e positiva.
Ante todo revisa o teu obxectivo profesional e as túas aptitudes e logros para saber que "PODES OFRECER".

1- PARTES PRINCIPAIS DA CARTA DE PRESENTACIÓN

ENCABEZAMENTO:
O teu nome e apelidos, enderezo e teléfono, aparecerán no marxe esquerdo superior.
O nome e enderezo da empresa á que dirixes a carta, aparecerán no marxe dereito superior (algo máis abaixo dos teus datos). A referencia do anuncio (se a ten), debaixo dos teus datos ou os da empresa.
A data.

SAÚDO
Utiliza fórmulas correctas do tipo: Estimados señores, Moi señores meus...

O PRIMEIRO PARÁGRAFO
O lector debe coñecer dende o primeiro momento o tema da carta.
• Indica-la fonte de información.
• Especifica-lo posto de traballo que se solicita.
• Presentar a grandes rasgos as aptitudes do solicitante para desempéñalo.

SEGUNDA PARTE DO TEXTO
O principal interese do empregador é averiguar axiña a capacidade que podes ter para realiza-lo traballo que solicitas.
Esta capacidade xa pode verse no curriculum vitae, polo que a carta non debe parecer unha repetición deste ou unha biografía, senón unha interpretación positiva destes datos que centre o interese do lector na túa aptitude para desempeña-lo traballo.
• Centra o interese do lector na aptitude para desempeña-lo traballo.
• Compara o traballo e a preparación.
• Dalle a entender que coñece-lo tipo de tarefas que hai que desempeñar no posto solicitado.
• Demostra certo coñecemento da cultura da empresa, os seus proxectos e os seus problemas.

ÚLTIMO PARÁGRAFO
A pesar de que durante a elaboración da carta o que buscas con ela sexa unha entrevista, terás que expresalo nas derradeiras liñas.
• Menciona-lo desexo dunha entrevista.
• Fai unha derradeira referencia ás características máis importantes da propia preparación, en relación co traballo solicitado.

A DESPEDIDA
Debe ser correcta e sinxela:
• Reciban un cordial saúdo.
• Saúdaos atentamente.

OS TEUS DATOS

DATOS DA EMPRESA
REFERENCIA:

DATA:

SAÚDO

TEXTO

DESPEDIDA

SINATURA

2- ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS

  • Se che piden que a escribas a man, coida a limpeza e a claridade da letra.
  • Coida a ortografía, a redacción, a claridade de ideas e non esquezas poñer tódolos datos.
  • Deixa amplas marxes e separa o parágrafo ampliamente.
  • Escribe sempre en positivo.
  • Escribe en primeira persoa, sé directo.
  • Texto claro e conciso.
  • Envía sempre os orixinais firmados e quédate cunha copia da carta.
  • Non é recomendable engadir posdatas.
  • Escribe cartas diferentes segundo o tipo de empresa de que se trate. Adáptaa a cada posto de traballo.
  • Polo xeral:
    • Non che contestarán tódalas cartas.
    • Recibirás cartas de rexeitamento dalgunas empresas. Determina se este rexeitamento é total ou parcial. Se pensas que non é total poderás escribir de novo cando pase algún tempo ou cando teñas algo novo que ofrecer.

CURRICULUM VITAE
A carta de presentación acompaña a un documento chamado "CURRICULUM VITAE", que reflexa a túa trayectoria formativa e profesional. Na súa elaboración debes sacarlle partido a tódalas actividades desenvolvidas nestes campos.

1- OBXECTIVOS DO CURRICULUM VITAE:

  • Causar boa impresión para que os responsables da selección o lean con interese.
  • Logra-lo acceso ó seguinte paso no proceso de selección: a entrevista.

Pola gran cantidade de C.V. que reciben os empresas, o teu elabórao con moito coidado e esmero, para así superar ós demaís e convencer ós teus seleccionadores, destacando aspectos diferenciáis e pensando en debuxalo perfil ideal do posto. Antes de elaboralo, recorda e repasa a técnica de aptitudes e logros.

2- CONTIDO DO CURRICULUM VITAE
Un modelo moi completo de C.V. pode presentar os seguintes apartados:

  • DATOS PERSOAIS (nome e apelidos, lugar e data de nacemento, idade, D.N.I., enderezo, teléfono,carnet de conducir, servicio militar, situación laboral).
  • FORMACIÓN ACADÉMICA (Estudios oficiais, centro onde se cursaron, lugar e data). Indica únicamente o título de maior grao.
  • FORMACIÓN COMPLEMENTARIA (Cursiños, Xornadas, Congresos..., Institución organizadora, lugar e data).
  • IDIOMAS (nivel).
  • CURSOS IMPARTIDOS.
  • INFORMÁTICA.- Sinala os programas que manexas.
  • PUBLICACIÓNS.
  • EXPERIENCIA PROFESIONAL (Nome das empresas, lugar de traballo, tarefas realizadas, data e duración do contrato).
  • OUTRAS ACTIVIDADES, Se son relevantes para o traballo.Todas aquelas actividades que reflexan a potencialidade da persoa para este posto de traballo. Poden ser aspectos que non tiveron maior relevancia máis alá dunha vivencia persoal, pero que poden converterse en elementos que abran algunha porta ó mundo laboral.

Dependendo das túas características e do traballo que solicitas, elixe a forma que máis che conven, ou mesmo a combinación das tres, sempre e cando intentes minimiza-los aspectos desfavorables.

Conforme se vai incrementando a experiencia, vanse eliminando estas actividades complementarias. Nestes casos non se trata de mostra-las potencialidades, senón o grao de experiencia e logros conseguidos nas diferentes funcións desenvolvidas.

  • INTERESES E EXPECTATIVAS PROFESIONAIS, se son relevantes para o traballo.
  • REFERENCIAS, se procede (nomes das persoas de anteriores empresas que poidan informar sobre ti positivamente).

3- FORMAS DO CURRICULUM VITAE
Hai tres formas distintas de recolle-los teus datos no C.V.:

  • POR ORDE CRONOLÓXICA: Utilizarase cando se conta cun historial estable e a carreira profesional é satisfactoria e sempre ascendente.
  • POR FUNCIÓNS: Describe a experiencia profesional ou a formación a través de bloques ou áreas.

Utiliza esta forma se estiveches durante moito tempo desempregado, ou cambiaches moitas veces de traballo.
É inapropiado para ser usado por persoas con escasa experiencia laboral.

• ENFOCADO Ó EMPREGO DESEXADO. Descríbense en primeiro lugar e case de xeito exclusivo os coñecementos e experiencias que son relevantes para o posto que solicitas.
Dependendo das túas características e do traballo que solicitas, elixe a forma que máis che conveña, ou mesmo a combinación das tres, sempre e cando intentes minimiza-los aspectos desfavorables.

4- VOCABULARIO A EMPREGAR
A linguaxe que se utiliza ó redactar un C.V. ou ó dialogar na entrevista é moi importante.

Débense utilizar constantemente palabras positivas e verbos de acción que correspondan coa personalidade do candidato ó definirlas funcións ou tarefas realizadas anteriormente ou ó falar das aptitudes, personalidade, etc.

A continuación tes unha lista de palabras positivas . Busca na lista de palabras aquelas que poidas aplicar a ti mesmo e, á hora de redacta-lo C.V., procura empregalas, rexeitando así as negativas. Tes tamen unha lista de verbos que podes utilizar para expresar con vigor e positivamente as túas funcións, experiencias, etc.
PALABRAS Intelectual Axudar Iniciar
POSITIVAS Intuitivo Beneficiar Innovar
Listo Calcular Inspeccionar
Aberto Lóxico Certificar lanzar
Activo Metódico Comprobar Magnificar
Adaptable Modesto Concebir Mellorar
Amable Obediente Conceder Moderar
Amigable Optimista Conectar Negociar
Analítico Orgulloso Conseguir Observar
Artístico Paciente Construir Obter
Astuto Perceptivo Controlar Operar
Atento Perfeccionista Coordinar Organizar
Atrevido Práctico Cotizar Percibir
Bondadoso Realista Decidir Perfeccionar
Consciente Responsable Definir Planificar
Considerado Simpático Delegar Preparar
Consistente Sincero Demostrar Presentar
Constructivo Sistemático Descargar Probar
Correcto Sociable Describir Proceder
Cortés Sofisticaclo Designar Programar
Creativo Soñador Detector Promocionar
Culto Talento Dirixir Provocar
Cumpridor Tolerante Documentar Realizar
Democrático Veraz Embarcar Referir
Detallista Visión do futuro Encamiñar Regular
Determinado Xeneroso Emendar Reparar
Digno Xusto Entregar Resolver
Diplomático Entrenar Reunir
Disciplinado Entrevistar Revisar
Económico Estabilizar Seleccionar
Eficiente VERBOS Establecer Servir
Elocuente Estimular Terminar
Emprendedor Abrir Examinar Traducir
Enérxico Abstraer Executar Transcribir
Entusiasta Acelerar Expansionar Transferir
Esixente Adquirir Expresar Transmitir
Estimado Afirmar Facilitar Transportar
Extrovertido Axilizar Formular Ubicar
Filosófico Anticipar Fusionar Unir
Honesto Aplicar Guiar Vencer
lmaxinativo Asegurar Impresionar Xerar
Independente Asignar Incrementar Xestionar
Inspirado Asimilar Influir Xustificar

5- REGRAS MÁIS IMPORTANTES PARA A ELABORACIÓN DO CURRICULUM VITAE
• Brevedade (non máis de duas páxinas). É na entrevista onde o candidato pode valora-la conveniencia de aportar outros datos que completen a curiosidade do seleccionador ou amplia-lo exposto no C.V.
• Usa as denominacións máis comúns dos títulos ou nomes do posto de traballo (deben entendelas).
• Faino a medida da empresa ó que lle presentes (adáptao a cada solicitude).
• Boa ortografía e claridade na redacción.
• Usa máquina de escribir boa e limpa, bó papel e un sobre axeitado.
• Evita todo desexo de conta-la autobiografía.
• Non declare-lo salario actual.
• Recalca os logros e a capacidade para prantexar problemas e resolvelos.
• Escribe coma se cada cousa que fixeras fose da maior importancia.
• Nombra só aquelo que che pode proporcionar unha imaxe positiva de acordo có posto que desexas cubrir.
• Se che piden incluir fotografía, procura enviar unha que che favoreza.
• Garda sempre unha copia do C.V. coa túa carta de presentación e arquívaa.
• Coherencia e credibilidade son dous factores imprescindibles á hora de elaborar un C.V.. Insiste no positivo, mais non mintas (aínda que podes omitir datos que che poidan dar unha imaxe negativa).

6- FORMULARIOS OU SOLICITUDES DE EMPREGO
Algunhas empresas posúen uns formularios normalizados ós que o demandante de emprego débese axustar; soen incluir: datos persoais, ocupación ou posto de traballo que se solicita, títulos ou estudios, experiencia profesional, referencias....

Para cubrir estes formularios, ademáis das recomendacións dadas para a elaboración do curriculum, debes atender ás seguintes:
• Coida a caligrafía.
• Pensa ben as respostas; escribe primeiro nun borrador.

Agora tes que esperar a que se poñan en contacto contigo
para realizar probas psicotécnicas e/ou entrevista.

ESTRUCTURA
DATOS PERSOAIS
NOME E APELIDOS
LUGAR E DATA DE NACEMENTO
IDADE
ESTADO CIVIL
FILLOS
ENDEREZO
LOCALIDADE
TELÉFONO
FORMACIÓN ACADÉMICA
FORMACIÓN COMPLEMENTARIA
CURSOS IMPARTIDOS
IDIOMAS
INFORMÁTICA
PUBLICACIÓNS
EXPERIENCIA PROFESIONAL
INTERESE E EXPECTATIVAS PROFESIONAIS
REFERENCIAS

AS PROBAS PSICOTÉCNICAS
Nalgunhas ocasións antes de realiza-la entrevista, as empresas someten ós candidatos a unha serie de probas psicotécnicas.Cando chegas a esta fase do proceso de selección, tés a primeira oportunidade para tomar contacto persoal cos que te seleccionaron.
Por iso debes presentarte CORRECTAMENTE VESTIDO, DE BO HUMOR E SEGURO DE TI MESMO.
Nembargantes, non cantes victoria; aínda te acompañan outros seleccionados quen, coma ti, superaron o primeiro obstáculo.

1 - ¿QUÉ SON AS PROBAS PSICOTÉCNICAS?
O test é xa, sen dúbida, o sistema máis xeralizado de valoración de capacidades e rendementos intelectuais do individuo, e cada vez é máis frecuente a súa utilización para o acceso a determinados postos de trabollo. É conveniente entón que te familiarices co mundo dos tests, para que cando teñas a oportunidade de enfrentarte con eles, A SORPRESA E A INCOMPRENSION NON IMPIDAN O BO RENDEMENTO.
Nos exames psicotécnicos intentase medir algún rasgo ou aptitude do suxeito. Para iso créanse situacións controladas nas que o único que varía é o comportamento do individuo respecto ó rasgo a medir.
0 obxectivo principal do proceso de selección é distinguir ás persoas que posúan unhas cualidades e características necesarias para desempeñar un determinado traballo, daquelas que non as posúan.
Pero, ¿cómo se determina qué persoas desempeñarán, probablemente, con éxito os postos de traballo que van ocupar?
Tódolos seres humanos somos diferentes. Existen diferencias individuais; non todos somos da mesma estatura nin da mesma intelixencia, nin tódolos postos de traballo son iguais. Poden requerir unha serie de capacidades ou aptitudes totalmente diferentes. Para ser piloto pode esixirse unha visión perfecta, o mesmo que para ser orfebre, pero para ocupa-lo posto de torneiro esixirase un gran senso mecánico, que non se precisa en absoluto para ser vendedor ou director de persoal.
En consecuencia, a selección de persoal con método científico fundaméntase en que existen diferencias individuais que poden medirse e que distintos traballos requiren distintas aptitudes que poden determinarse.
Por iso, os expertos en selección de persoal definen cales son as aptitudes necesarias para ese posto e a personalidade ideal. Crean así o que se denomina PERFIL PROFESIONAL.
En base a ese perfil, elixen as probas psicotécnicas máis axeitadas. Se estas probas están ben escollidas, aplicadas e interpretadas, poden dar unha selección correcta e unha MELLOR ADECUACIÓN DAS PERSOAS ÓS POSTOS DE TRABALLO.
¿Lembras a selección do teu obxectivo profesional, onde tiveches que analizarte a tí mesmo e ó posto de traballo do teu interese?. Canto mellor fixeras esta selección do obxectivo e a procura da oferta de emprego, máis probabilidades terás de quedar en bo lugar nestas probas.
Aínda que os tests non son unha verdade absoluta nin un elemento determinante e excluínte para a selección de persoal, son bos elementos adicionais a outros métodos de selección.
Existen moitos tipos de probas psicotécnicas, a pesar do cal (con excepción dos tests proxectivos e outros), todos manteñen unhas caracteristicas comúns:
• Son probas escritas.
• As preguntas son curtas e claras.
• Cada pregunta pode presentar varios respostas e deberás elixi-la única resposta correcta.
• A cotío teñen un tempo limitado de realización.

2.- CLASIFICACIÓN
Se temos en conta os factores que pretenden medir as probas psicotécnicas, podemos clasificalas da seguinte maneira:

1. TEST DE INTELIXENCIA OU APTITUDE XERAL.
Preténdese medi-la capacidade para o pensamento abstracto ou a capacidade de dividir un problema nos seus componentes fundamentáis, analízalo e formular solucións.
2. TESTS DE APTITUDES ESPECÍFICAS.
As probas de aptitude son deseñadas para predecirlo desempeño ou éxito futuros en determinados traballos específicos. Indican o potencial de aprender unha técnica ou un traballo rápida e eficientemente.
3. TESTS DE COÑECEMENTOS.
Estes tests propóñense averiguar ata que punto unha persoa coñece un determinado traballo, idioma ou unha especialización.
Poden parecer iguais ós tests de aptitude, nembargantes son diferentes. Mentres nos tests de coñecementos preténdese averigua-lo que o individuo "xa coñece ou ten aprendido", os tests de aptitudes pretenden averiguar "as aptitudes innatas".
4. TESTS DE PERSONALIDADE.
Estes tests baséanse na premisa de que a través do que unha persoa di de sí mesma, é posible predecir cómo actuará.Por iso mesmo están condicionados polo que o individuo revele de si mesmo voluntariamente. As respostas teñen valor cando se dan sinceiramente.
Estes tests son os máis fáciles de falsear, pero neles pódese averiguar cando foron contestados sinceiramente e cando non.
5. CUESTIONARIO DE INTERESES
Unha persoa que ten interese nunha tarefa determinada , ten máis éxito que outra en igualdade de intelixencia, aptitudes e personalidades pero que non sinta interese.
O que se mide nestes tests é a preferencia da persoa por esa ocupación; isto está relacionado coa satisfación que tería esta persoa ó realiza-la ocupación.
6. TESTS PROXECTIVOS.
Estes tests buscan o coñecemento dos rasgos máis ocultos da personalidade. Son diferentes de tódolos precedentes. Non ofrecen respostas a elexir, nin respostas únicas a dar.
7. PROBAS DE GRUPO
Obsérvase a conducta do individuo nunha situación non predeterminada e con outras persoas que non coñece, así como a súa relación cos demáis membros do grupo. Así pódese estudiar:
• Axeitamento ó grupo.
• Cooperación - competitividade.
• Liderazgo.
• Capacidade de iniciativa.
• Dotes de mando.
• Reaccións ante a frustración

3- CONSELLOS PRÁCTICOS
Como ves existen moitos tipos de tests e que miden moitos factores. A cotío a xente quere unha fórmula máxica para se preparar e contesta-los probas psicotécnicas perfectamente. Mais esa fórmula non existe.
Nalgúns destes tests non existen respostas boas nin respostas malas e nos outros é imposible a perfección. Ninquén vai contestar "moi ben" e ninquén vai contestar "moi mal". O resultado depende das túas facultades e das características do posto de traballo ó que és candidato. Podes ser máis axeitado para un posto que para outro.
Non existe ningunha fórmula máxica, nembargantes ten en conta estes consellos:
• Por norma xeral, cando vaias realizar probas psicotécnicas, non prepares nada. Podería bloquearse a túa memoria e porte nervioso.
• Fai un exercicio de relaxación antes de ir ó exame.
• Non trasnoite-lo día anterior ó exame, nin tomes bebidas alcohólicas.
• Non tomes ningún fármaco.
• Pensa nas probas o menos posible.
• Coida a túa presencia física.
• Saúda, fala o xusto e resposta afablemente ás preguntas.
• Cando chegue o momento da proba, escoita atentamente as explicacións e ségueas ó pe da letra; pero, no caso de dúbida, non vaciles en pedir explicacións suplementarias antes do comezo da proba.
• Controla os nervios e concéntrate na proba.
• Vai co ánimo disposto a atoparte co máis inesperado.
• As probas foron elexidas en función das capacidades que se presumen nos candidatos. Ti es un máis, polo tanto están ó teu alcance.
• Vai convencido de que é imposible acertar todo, nembargantes, é absolutamente imposible que todo saia mal.
• Non mintas; non é mellor nin peor dependendo do resultado, simplemente diferente. Ademais, lembra que hai preguntas que van dirixidas a medi-la sinceridade.
• Concéntrate no teu traballo; procura non distraerte polo comportamento dos demais.
• Non te precipites ó respostar, pero tampouco te deteñas demasiado ante dificultades irresolubles.
• Non te empeñes en atopar 'pegas" e mais "trampas' por tódolas partes. As menores solucións son xeralmente as máis sinxelas.
• Despois dunha proba e antes de abandona-lo local no que tivo lugar a mesma, advirte sobre calquera incidente que poida falsea-lo resultado. Por exemplo, sentirte enfermo ou te-la seguridade de que enfocaches mal a proba. Evita as excusas vanas.
• No caso de que non triunfes, non penses que os resultados foron malos. Estes non son absolutos, senón relativos a un posto determinado e a un conxunto de persoas.

 
ENLACES

DIRECTORIO E ENLACES DE INTERESE

WEBS DE EMPREGO GALEGAS:
www.cimoemprego.com
www.empleogalicia.info

www.galiciaempleo.net

www.noticiasgalicia.com

WEBS DE EMPREGO ESTATAIS:
www.acciontrabajo.com
www.infoempleo.com
www.infojobs.net
www.empleo.com
www.laboris.net

www.masempleo.com

www.monster.es

www.oficinaempleo.com

www.expansionyempleo.com

www.100mejores.com/trabajo.htm

WEBS DE EMPREGO EUROPEAS:
http://europa.eu.int/epso/brochures/epso_26-11-04_es.pdf