¿QUÉ É O PROGRAMA DE EDUCACION FAMILIAR?
O Programa de Educación Familiar é un servizo que se presta dende o concello, para lograr un óptimo desenvolvemento das familias a tódolos niveis (educativo, sanitario, social, cultural, etc.) dun xeito autónomo. Esta labor desenvólvea a Educadora Familiar.
 
¿QUÉ SE FAI?

Realízanse dous tipos de actividades:

  • Intervención individual con familias que carecen de competencias nas áreas de   saúde, educación, organización e economía familiar, integración social, etc.
    T
    raballamos en coordinación con: recursos municipais (CIM, unidade psicosocial, traballadoras sociais, policía local, corporación municipal, etc.), recursos sanitarios (centro médico, hospitais, etc), recursos educativos (centros educativos) e sociais (asociacións e entidades que ofertan actividades)...
    Faise un proxecto educativo individualizado para cada familia segundo as necesidades que presenta.
  • Prevención a nivel grupal: nos colexios, institutos, campañas de sensibilización para a poboación en xeral, escola de nais e pais, etc. sobre as seguintes áreas: educación para a saúde, organización e economía familiar, formación para pais-nais, etc.
 
ACTIVIDADES
  • Escola de nais e pais.
  • Obradoiros de educación afectivo-sexual nos I.E.S.
  • Obradoiros de educación para a saúde nos CEIP.
  • Campaña de sensibilización sobre a inmigración.
  • Outras.
 
CONTACTO

A Educadora Familiar atópase na planta baixa da Casa do Concello.
Teléfono: 981 68 00 02.
Mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla