O Concello de Ordes investirá preto de 250.000 euros na mellora de varias rúas do seu casco urbano
Procederase co arranxo de beirarrúas, aplicación de aglomerado e formigón, instalación de redes pluviais e co cambio de sistemas lumínicos. As obras están incluídas no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña.

O Concello de Ordes levará a cabo o arranxo e mellora de varias rúas e sistemas lumínicos en distintos puntos do casco urbano da vila. Unhas intervencións acordadas en comisión e que se levarán a cabo en base ao Plan DTC 93 da Deputación da Coruña, estímase que éstas comenzarán a executarse ao longo das vindeiras semanas cun orzamento que rolda os 250.000 euros.

Concretamente procederase ao arranxo da rúa do Parque e a rúa Reconciliación, onde se instalará un sistema de pluviais e intervencións nas beirarrúas e aplicarase aglomerado na súa estrada, ao igual que na travesía do Regueiro. No caso da rúa da Igrexa aplicarase unha capa de formigón, mentres que en Cidade Xardín, na rúa Mercado e na rúa Compostela se traballará nas beirarrúas. A rúa Carnota será outro dos puntos nos que se intervirá.

Ademais disto tamén se realizarán obras de mellora e un cambio no sistema de alumeado público nas rúas Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Mestre Nicolás do Río, Abastos, Compostela, Ramón Ferreiro e Parque Municipal.

 
O ‘Patrimonio Marítimo de Galicia’ queda ao descuberto en Ordes co gallo do Día Mundial da Auga
Co gallo do Día Mundial da Auga, que se celebrará o vindeiro sábado, a primeira pranta do edificio consistorial ordense acolle dende hoxe e durante os vindeiros 15 días a mostra ‘O patrimonio marítimo de Galicia’. Aqueles que desexen visitala poderán facelo de luns a venres dende as 9 ata as 14 horas ininterrumpidamente e completamente de balde. Ao longo dos 13 paneis que conforman a mostra o visitante pode realizar un completo paseo polas distintas actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar, así como polas súas xentes e costumes máis importantes.
 
A Policía Local de Ordes realiza no 2013 máis de 70 atestados

Na memoria do pasado ano tamén se contabilizaron máis de 120 intervencións en accidentes de tráfico. O maior número de informes levados a cabo correspondéronlle a Urbanismo e Medio Ambiente

A Policía Local de Ordes acaba de dar a coñecer o informe relativo ao exercicio das súas funcións ao longo do pasado ano 2013. Neste compendio de actuacións destacan os 73 atestados rexistrados, que na maioría corresponderon a danos na propiedade privada, sobre todo de vehículos. En total foron 18 os casos contabilizados, un número que coincide coa tramitación de extravíos de documentos de diversa índole. Os delitos contra a seguridade do tráfico por superar os niveis de alcoholemia permitidos pola normativa vixente alcanzan a cifra de 13, mentres que as denuncias por furtos de obxectos persoais foron 12.

No referente aos accidentes de tráfico alcanzouse a cifra de 123 intervencións por parte dos axentes locais de Ordes. 90 destes casos aconteceron na parroquia de Ordes, 70 deles dentro do casco urbano, dándose máis durante a mañá (63) que pola tarde (37) ou pola noite (15). Neste apartado hai que contabilizar a elaboración de 42 informes técnicos para as compañías de seguros e 5 atestados por accidentes.

Dentro das funcións da Policía Local tamén figura a elaboración de informes para a mellora viaria. En total redactáronse 5 informes deste tipo que na súa totalidade tiñan como principal obxectivo acrecentar a seguridade e incidir na circulación de vehículos e no tránsito de peóns nas inmediacións dos centros escolares. Tamén se realizou o seguimento de 18 vehículos abandonados ao longo de todo o 2013 en rúas e espazos públicos de titularidade municipal.

No caso das campañas de tráfico hai que mencionar as de control de motocicletas, distraccións, alcoholemia e drogas, velocidade, cinturón e SRI. Por outra banda os informes municipais atenderon entre outros, e na súa maioría, cuestións relacionadas co departamento de Urbanismo (118), Medio Ambiente (65), á tramitación da eliminación de vertedoiros incontrolados fóra do casco urbano (43), ademais das 40 notificacións vinculadas a establecementos públicos en cuestións relacionadas cos cambios de licencia, horarios de peche ou medicións de ruídos.

No que atinxe aos servizos extras levados a cabo o ano pasado figuran: dispositivos de fin de ano e aninovo, concertos e citas multitudinarias na discoteca LP45, cabalgata de Reis, enterros, desfiles e celebracións do Entroido, Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento, Feira Multisectorial Expoordes, procesións Semana Santa, festas patronais, visitas escolares a distintos puntos, eventos deportivos como a carreira pedestre ou o memorial Xosé Estebo, celebracións e procesións relixiosas en diversas parroquias do municipio ou charlas en locais sociais.

 
Política ambiental. Servizo de Limpeza Viaria do Concello de Ordes.

ordes_recicla

 

O Servizo de Limpeza Viaria do Concello de Ordes, consciente da importancia do desenvolvemento sostible na sociedade, establece a seguinte política ambiental asumíndoa en todo momento con obxeto de que sirva de referencia fundamental no desenvolvemento, implantación e mantemento do seu Sistema de Xestión Ambiental.

            Esta Política basease nos seguintes puntos:

Leer más...
 
INFORME DE INMISION UTE MEIRAMA

O Concello de Ordes abre unha nova sección na páxina web co propósito de informar dos valores obtidos na rede de inmisión da Central Térmica de Meirama nas súas estacións.

A continuación amosámoslles os resultados obtidos nos meses de:

 
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS EN ZONAS RURAIS

        Como resposta a unha demanda da veciñanza do rural, que carecía de servizo de recollida dos plásticos agrícolas, comunícase que a partir do 15 de agosto deste ano, haberá un servizo de recollida dos plásticos de utilización agrícola nas propias explotacións.
        Os plásticos situaranse en lugares accesibles para que os recolla o camión grúa, e poñeranse en lotes compactados (atados) e limpos de terra e silo.

        Cada vez que se necesite o servizo de recollida poden chamar ó teléfono de contacto seguinte:

609 079 419