ACTIVIDADES PROGRAMA VOLUNTARIADO
  • 28-05-2010: “Os escolares aprenden o aniñamento das aves”. Os nenos aprenderon qué tipos de aves da nosa zona podían aniñar nas caixas niño en función  do buraco de entrada. Tamén fixeron o inventario das caixas que contiñan niños.
  • 30-06-2010: “Voluntarios verdes de Ordes estudian como preservar mellor o Río Cabrón”. Os voluntarios aprenderon a facer un estudio físico, químico e biolóxico da calidade das augas do Río Cabrón.
  • 13-07-2010: “Voluntarios do Concello limpan o Camiño Inglés”. Os voluntarios recollen os residuos que van atopando ao longo do camiño e meténdoos en bolsas de plástico para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes.
  • 23-07-2010: “Os Voluntarios remarcan o Roteiro do Río Mercurín”. O sendeiro, que ten unha lonxitude de 15 Km foi remarcada polos Voluntarios Verdes axudados dun dos membros de Tarandeira.
  • 31-07-2010. “Volve a ruta de sendeirismo do Río Mercurín”. O roteiro permitiu a unha quincena de veciños tomar contacto coa natureza ao tempo que se mellora a condición física.
  • 15-08-2010: “O Voluntariado Verde de Ordes crea outro roteiro”. Voluntarios Verdes traballan no acondicionamento e marcaxe dun novo roteiro que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo.
  • 19-08-2010: “Os Voluntarios Verdes de Ordes adéstranse na vixilancia e prevención dos incendios forestais”. O curso, impartido por un técnico forestal do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, tivo como obxectivo mellorar, sistematizar e cualificar a formación do voluntariado.
  • 21-08-2010: “Os Voluntarios Verdes promoven un novo roteiro polo Río Mercurín”. Nesta ocasión un grupo de ordenses percorreron os 15 Km disfrutando, a vez, da flora e fauna característica da zona.
  • 28-08-2010: “O Voluntariado Verde de Ordes inspecciona a calidade da auga do Río Ulloa (Beán)”. Un grupo de voluntarios acompañados por membros da Asociación de Veciños de Beán, tomaron mostras físicas, químicas e biolóxicas do seu río, determinando así o seu estado.
  • 14-09-2010: “Ordes en loita contra os lumes forestais”.  Voluntariado verde levou a cabo charlas en varias parroquias sobre a vixilancia e prevención de lumes.
  • 13-10-2010: “Ordes conta xa co novo roteiro de San Paio e Outeiro”. Trátase dun sendeiro circular de 8,5 kilómetros que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo e conecta nalgún tramo co Camiño Inglés
  • 24-10-2010: “O Concello de Ordes participa na I Feira Galega do Voluntariado”. Un stand do Concello mostra no centro comercial de Área Central de Santiago de Compostela, o traballo levado a cabo dende o programa municipal de Voluntariado Verde.
  • 08-11-2010. “De camiñata polos roteiros ordenses”. Unha vintena de ordenses participaron o pasado sábado na primeira das camiñatas organizadas a través do programa Voluntariado Verde polos roteiros do municipio que terán lugar os sábados de novembro.
  • 17-11-2010: “O Concello levará aos centros educativos obradoiros sobre reciclaxe”. O Concello de Ordes, a través do programa de Voluntariado Verde, levará ós diferentes centros educativos da vila obradoiros sobre reciclaxe, que levan por título Reciclaxe Divertida, programa co que se pretende que os máis xoves aprendan a separar os elementos do lixo e coñecer e empregar de forma axeitada os contenedores de reciclaxe dun xeito moi didáctico e divertido.
  • 27-11-2010: “O Concello pon fin ao ciclo de sendeirismo polos roteiros”. O Concello de Ordes, dende o programa de Voluntariado Verde finalizou a pasada fin de semana a última das camiñatas previstas para este outono polos distintos roteiros da vila, incluídas dentro desta programación. Os veciños que participaron tiveron a oportunidade, nesta ocasión, de percorrer o Roteiro do Río Mercurín.
 
SENDEIRISMO DE OUTONO
sendeirismo

"SENDEIRISMO DE OUTONO.

A Concellería de Medio Ambiente, dentro do programa de Voluntariado Verde, organiza para este outono un ciclo de camiñatas polos distintos roteiros da vila que os nosos voluntarios estiveron sinalizando e acondicionando este verán.

Os percorridos levaranse a cabo tódolos sábados de novembro en horario de mañá e todas aquelas persoas interesadas en participar poden facelo de forma totalmente gratuíta chamando ó número de teléfono 981 68 00 02, no Departamento de Medio Ambiente"