CONCELLO
SAUDO DO ALCALDE
Alcalde

 

Benvid@s ao Concello de Ordes


Aos que se achegan por vez primeira ao espazo web do Concello de Ordes, e tamén aos que nos visitan con frecuencia, quero ofrecer a nosa cordial benvida aproveitando esta fiestra virtual.

Tal e como me comprometín logo de tomar posesión como alcalde de Ordes o pasado 3 de xullo, cantos formamos parte do Goberno local aspiramos a construír un Ordes mellor e con máis oportunidades para todos, a partir dunha xestión transparente, desde o respecto á lei e tomando como base a igualdade de oportunidades.

Nese espírito, reitero o ofrecemento de man tendida a toda a veciñanza de Ordes. E do mesmo xeito que as portas do meu despacho están e estarán permanentemente abertas a quen teña un problema ou unha suxestión, estou tamén a disposición da cidadanía a través das redes sociais e do correo electrónico ao que se pode aceder a través desta páxina.

Facer de Ordes un Concello máis próspero é unha tarefa ardua, pero posible, que require deixar de lado as pequeñas diferenzas e na que todas as achegas son ben recibidas.

Sede tod@s benvid@s á web do Concello de Ordes.

José Luis Martínez Sanjurjo

Alcalde de Ordes

escudo
D. José Luís Martínez Sanjurjo
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla