ORDES

Durante a Idade Media a maioría dos municipios que compoñen a comarca pertenceron o antigo Condado de Trastámara.
O castelo de Mesía, construído no século XII, e un claro exemplo do discurrir da historia. No ano 1467 pertenceu a Gómez Pérez da Mariñas, é destruída nas revoltas irmandiñas. Tras quedar abandoado faise con el o arzobispo Alonso de Fonseca. Os cabaleiros galegos, coaligados, derrotaron na batalla de Altamira ás forzas episcopales e tomaron o castelo. Posteriormente volveu a pertencer a Mitra que no 1523 aínda estaba na súa pacífica posesión.
Nos tempos do antigo réxime, o agora Concello de Ordes, tiña as súas parroquias distribuidas entre as xurisdiccións de Mesía e Folgoso, e o couto redondo de Faramilláns, na provincia de Santiago.

Os primeiros Concellos constitucionais.
Neste período, e no que hoxe é concello de Ordes e o séu término, figuran dous axuntamentos constitucionais de Poulo e Folgoso, pertencendo os dous o partido de Poulo.
Os dous axuntamentos de Poulo e Folgoso, seguen dependendo do partido de Poulo, cando se fai a comenzos do 1822 a división de Galicia en catro provincias.

A división municipal do R.D. do 23 de Xullo de 1835.
Cando se fai a modificación da división xudicial no ano 1834, a partido xudicial de Poulo, pasa a chamarse de Ordes. Co R.D. do 23 de Xullo de 1835 dáselle un forte empurrón a formación de axuntamentos na provincia da Coruña, este proxecto e publicado no BOPCO, Nº 117 do 27 de abril de 1836, neste proxecto aparece o axuntamento de Ordes, cunha parroquia menos das que logo terá.
O proxecto foi levado a sesión da deputación da Coruña, do 6 de xuño de 1836, e nela foi modificado pasando a formar parte do axuntamento de Ordes a parroquia de San Pedro de Ardemil.
No ano 1836 o Concello de Ordes tiña unha superficie de 160,1 km² e unha poboación de 4.190 habitantes, que pasaron a ser 7.260 no ano 1900; 8.205 no ano 1930; 10.450 no ano 1950; 11.676 no ano 1986 e 12.431 na actualidade.

Adscricións.
Nos tempos do antigo réxime pertencía a provincia de Santiago. O promulgarse a Constitución de 1812, pasa a integrar parte da provincia única de Galicia. Despois da división territorial acordada entre o 27 de xaneiro de 1822 e o 30 de novembro de 1833, Ordes queda adscrito a provincia nova da Coruña. O facerse a distribución de Galicia en partidos xudiciais, pola diputación o 3 de marzo de 1820, o término de Ordes pasa a formar parte do partido xudicial de Poulo. Ordes pasa a ser capital do partido xudicial do seu nome tras a reforma levada a cabo ca publicación do R.D. de 21 de abril de 1834. Esta situación mantense ata o Decreto 3388/1965 do 11 de novembro, que disolve o partido xudicial, pasando a formar parte do partido xudicial de Santiago. Na actualidade ca nova lei 38/1988, do 28 de decembro, volve a ser reposto o partido xudicial de Ordes, que ten a Ordes por capital.

 
Arqueoloxia:

Mámoas e dómenes.

Mámoas de Sta. Cruz de Montaos................................ Montaos

Castrexo.

Castro Maior............................................................... Ardemil
Castro de Carrás ........................................................ Montaos
Castro de Seidón ........................................................ Ordes

Arte:

Arquitectura Relixiosa.

Ermida de San Xosé................................................... Ardemil
Ermida de San Xosé .................................................. Buscás
Ermida de Santo Cristo .............................................. Leira
Ermida de Santo Antón .............................................. Montaos
Cruceiro da Virxe de Lourdes ...................................... Ordes
Capela da Mercé ....................................................... Poulo
Ermida do Socorro ..................................................... Vilamaior

Arquitectura Civil.

Casa do Bidueiro ......................................................... Ordes
Pazo de Codeseda ....................................................... Leira
Pazo do Peñasco .......................................................... Ordes

Etnografía:

Cruceiros e Petos de Ánimas.

 Cruceiro ........................................................................Ordes

 

MENCIÓN ESPECIAL Ó SOLDADO LOIS

Ordes é o pobo natal do conocido soldado Lois, Heroe da nosa Guerra Civil Española, foi condecorado cá Laureada Cruz de San Fernado, pola sua gesta de salvar dunha explosión ó cruceiro “Baleares” en augas de Arxel o día 7 de setembro de 1937. Na actualidade aínda é homenaxeado pola Marina Española cunha misa de campaña no cemiterio onde descansan os seus restos.

CENSO DE POBOACIÓN DO CONCELLO DE ORDES DENDE O ANO 1.976.
ANO DE 1976 10.684
ANO DE 1977 10.957
ANO DE 1978 11.180
ANO DE 1979 11.400
ANO DE 1980 11.584
ANO DE 1981 10.786
ANO DE 1982 11.218
ANO DE 1983 11.553
ANO DE 1984 11.798
ANO DE 1985 12.001
ANO DE 1986 11.796
ANO DE 1987 11.917
ANO DE 1988 12.069
ANO DE 1989 12.070
ANO DE 1990 12.158
ANO DE 1991 11.704
ANO DE 1992 11.746
ANO DE 1993 11.891
ANO DE 1994 11.916
ANO DE 1995 11.924
ANO DE 1996 11.938
ANO DE 1997 11.915 
ANO DE 1998 11.956 
ANO DE 1999 11.951 
ANO DE 2000 11.942
ANO DE 2001 11.938
ANO DE 2002 12.015
ANO DE 2003 12.266
ANO DE 2004 12.287
ANO DE 2005 12.272
ANO DE 2006 12.294
ANO DE 2007 12.529
ANO DE 2008 12.757
ANO DE 2009 12.863
ANO DE 2010 12.868
ANO DE 2011 12.948
ANO DE 2012 12.963
ANO DE 2013 12.939
ANO DE 2014 12.844
Distribución da Poboación
ARDEMIL
1007
BARBEIROS
230
BEAN
283
BUSCAS
521
LEIRA
635
LESTA
224
MERCURIN
266
MONTAOS
817
ORDES
7564
PARADA
306
PEREIRA
315
POULO
319
VILAMAIOR
328
HABITANTES CON DATA DE MAIO DE 2015: 12815