Escola infantil municipal "SORRISOS"
logotipo-escola-infantil-mu
 PRESENTACIÓN
 IDEARIO
 CARACTERÍSTICAS DA ESCOLA
 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
 ACTIVIDADES
 COTAS 
 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
 FOTOS

  PRESENTACIÓN 
         A Escola Infantil Municipal, (EIM
)Sorrisos, é un recurso de carácter municipal que comeza a súa andaina no curso 2006-2007.

        O centro é un servizo educativo para a atención á infancia, que nace do dereito d@ nen@ á educación e ó desenvolvemento integral da súa personalidade, nun ambiente axeitado ás súas necesidades, en condicións de igualdade, liberdade e dignidade e en contacto con outr@s nen@s.É un servizo especializado de ámbito local, público e social:- Especializado porque dispón dun equipamento técnico e material específico para atender á poboación infantil- Público porque a titularidade é do Concello de Ordes- Social porque pretende ser un apoio ás familias do concello que teñen que facer frente ó mercado de traballo coa dificultade engadida de estar ó coidado de menores, priorizando aquelas que se atopan en situación de desventaxe social. 

PERSOAL.

EDUCADORAS:

  • Salomé Suárez Rodríguez
  • Luz González Rodríguez
  • Olga Mª Sande Couselo
  • Alba Noya Juncal
  • Mª Teresa Iglesias Leis
  • Tania Souto Boquete

AUXILIARES:

  • Mª Isabel Areoso Rodríguez
  • Mª Carmen Iglesias Campos

COCIÑA:

  • Mª Isabel Viqueira Noya

LIMPEZA:

  • Florinda Viqueira Vázquez

ENDEREZO

Escola Infantil Municipal Sorrisos
Polígono Industrial de Merelle, parcelas 51-52 ( O lado do Parque de Bombeiros).
15680 Ordes.

volver

 IDEARIO   

         O ideario da escola é a nosa forma particular de entender e facer a educación infantil. Son os obxectivos que nos propoñemos como escola.Así pois na nosa escola plantexámonos os seguintes obxectivos xerais:

• Promover e fomentar o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral d@s nen@s.
• Servir de medida de apoio á unidade de convivencia e facilitar, polo tanto, a conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais, plantexámonos os seguintes obxectivos específicos:

• Facilitar o desevolvemento n@s nen@s con respecto ás seguintes capacidades, valores e actitudes:

o Coñecemento do seu corpo e posibilidades de acción.
o Favorecer as relacións cos demais a través de distintas formas de expresión e comunicación.
o Observar e explorar o seu entorno natural, familiar e social.
o Fomentar valores individuais e sociais básicos: igualdade de oportunidades, comprensión, tolerancia, solidaridade, coeducación, integración e respeto ós demáis, cooperación, respeto ó entorno próximo, educación para a paz, etc.

• Promover a comunicación e a participación activa da comunidade e a familia na escola.
• Prestar especial atención á diversidade d@s alumn@s, respetando as diferencias que existen entre eles, tanto físicas e intelectuais como culturais, facilitando a súa integración.
• Facilitar a correcta adaptación para a futura incorporación á escola. A lingua utilizada na escola será a lingua materna d@s nen@s, promovendo o uso da lingua galega.

volver

 CARACTERÍSTICAS DA ESCOLA   

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Esta escola pretende ser unha axuda ás familias para conciliar a vida laboral e familiar e tamén un apoio no coidado e educación dos/as nenos/as dende as primeiras idades tratando de desenvolver harmónicamente todas as súas capacidades.

O centro dispón de 74 prazas destinadas ó Primeiro Ciclo de Educación Infantil (de 0 a 3 anos ) e conta con 5 unidades distribuidas da seguinte maneira:

Unidade de 0-1 anos

Unidades de 1-2 anos

Unidades 2-3 anos

Aula 1: 8 nenos/as

Aula 1: 13 nenos/as

Aula 2: 13 nenos/as

Aula 1: 20 nenos/as

Aula 2: 20 nenos/as

Enderezo: A escola ubícase no Polígono Industrial de Merelle, parcelas 51-52 (ó lado do Parque de Bombeiros)

Horario: O horario de funcionamento é de 14 horas diarias, de luns a venres, de 7:00 a 21:00.

volver

  SERVIZOS QUE OFRECE    

A escola ofrece un servizo cunha función tanto social de axuda ó medio familiar (conciliación da vida familiar e laboral) e unha función educativa, xa que o traballo na escola permitirá desenvolver as capacidades d@s nen@s, nos ámbitos físico, intelectual, afectivo, social e moral.

  • Atención educativa.
  • 006
    011
    fotos-instalacins-003
    010
  • Servizo de comedor (almorzo, xantar e merenda). 

            Este servizo, prestado por persoal da propia escola, inclúe almorzo, xantar e merenda. No tablón de anuncios exporase semanalmente a relación dos menús previstos, os cales proporcionan unha dieta equilibrada e axeitada ás idades d@s nen@s. Estes menús están confeccionados tomando como referencia as recomendacións dos profesionais da Pediatría Rafael Tojo Sierra (Catedrático de Pediatría – Hospital Clínico Universitario. Universidade de Santiago de Compostela) e Rosaura Leis Trabazo (Profesora Titular de Pediatría – Hospital Clínico Universitario. Universidade de Santiago de Compostela) na súa publicación Menús saudables no comedor escolar (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia).
     
  • Horario Amplo   
          
            Refírese á atención @s nen@s por parte da escola durante ata 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase por parte de tod@s que @ nen@ prolongue a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen.
  • “Escola Infantil de verán” nos meses de Xullo e Agosto.
  • Dispón de unha sala de xogos interior e un patio exterior para que os máis cativ@s poidan xogar e disfrutar.
    026
  • patio004
    exterior_eim
    exterior_eim2

    ACTIVIDADES  

    Éstas son algunhas das actividades que realizaremos nas tardes de MAIO  e XUÑO:
    • Os luns: ANIMACIÓN Á LECTURA: Contaremos divertidos contos e realizaremos diferentes actividades sobre as súas personaxes e as súas historias: puzzles, figuras con globos, títeres, disfraces...
    • Os martes: INGLÉS: Coñeceremos á mascota Robby, cantaremos cancións: “Hello”, “Bye-bye” “My red ball”, faremos xogos, etc.
    • Os mércores: MÚSICA: Cancións, Danzas do mundo, Instrumentos, Audicións: “O Carnaval dos Animais”, faremos unha orquestra, etc
    • Os xoves: MANUALIDADES: Unha culebriña con vasos de iogur, barquiños con cáscaras de noces, bolos, as plumas dos Indios, Etc.
    • Os venres: XOGOS: Con aros, con pelotas, con follas de xornais, con sillas, “xogamos as ser cociñeir@s”, faremos unha Xinkana, “xogamos a ser indi@s”, faremos unha feira recreativa…

    volver

    COTAS


    • O prezo por asistencia é de 160,00 euros/mes (8 horas/día) ou 80,00 euros/mes (4 horas/día).

    • Os prezos por servicios complementarios son:

      • Comedor: 70 €/mes ou 4€ dias soltos

      • Almorzo e merenda:2€/día/servizo

      • Escola infantil de Verán (durante os meses de xullo e agosto ofertaranse as prazas que estean vacantes nese momento)

      • Horas extraordinarias de carácter excepcional: 20€

    Estes prezos poden verse modificados á baixa dependendo da Renda per Cápita da familia.

    Ademais, sobre o prezo que resulta de aplicar as reduccións do punto anterior, segundo as circunstancias familiares aplicaranse os seguintes descontos, que non son acumulables entre si:

      • Nenos/as pertencentes a familias, desconto dun 20%.

      • Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.

      • Cando asistan varios irmáns, o segundo e sucesivos erán un desconto do 20%.

    volver

    INSCRICIÓN  

    pdf SOLICITUDE DE NOVO INGRESO / RESERVA DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SORRISOS”

    Para solicitar praza, deberán recoller o impreso de solicitude na propia escola ou no concello, e acompañalo da seguinte documentación:

    • Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais.

    • Fotocopia cotexada do libro de familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

    • Certificado de empadroamento da unidade familiar.(aportarase de oficio para os empadroados neste Concello).

    • Xustificante de ingresos: pderán asinar unha autorización de consulta dos datos económicos familiares na Axencia Tributario ou ben presentar: xustificante da declaración do irpf das persoas físicas da unidade familiar (ano 20102008). en caso de declaracións individuais, copia de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.; certificado do inem do/da pai/nai no caso de estar en desemprego. certificado do inem do/da pai/nai de prestacións (conforme a percibiu ou non no ano 2010); copia de certificados de pensións de membros da unidade familiar (se procede) ou calquera outra documentación na que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo.

    • Xustificante de situación laboral:

      • Para desempregadoparados: tarxeta de demante de emprego

      • Para empreados copia da última nómina ou recibo de pago de autónomos.

    • Certificado de minusvalideces alegadas polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola comunidade autónoma de galicia.

    • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

    • Informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da vicepresidencia da igualdade e do benestar, servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas, sobre a necesidade de integración no caso de nenos con discapacidades.

    • Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc.

    • Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falla de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.

    As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina (9:00-14:00 h). De luns a venres.

    volver

    FOTOS  

    cumple_antia_046
    entroido_na_escola_181
    entroido_na_escola_177
    entroido_na_escola_024
    entroido_na_escola_190
    entroido_na_escola_163
    cumpres_carla_e_iker_e_sada_cas_prantas_192
    prantas__patio_011
    prantas__patio_004
    da_libro_e_cumpre_patricia_002
    da_libro_e_cumpre_patricia_020
    cumpre_laura_e_da_da_paz_074
    fotos_nadal_e_cumpre_trillizas_013
    fotos_nadal_e_cumpre_trillizas_029
    fotos_nadal_e_cumpre_trillizas_030
    fotos_nadal_e_cumpre_trillizas_027

    volver

 
Colexio de Educación Infantil e Primaria de O Mesón do Vento
Código 15011105 Titularidade Pública
Tipo de Centro Colexio de Educación Infantil e Primaria
Dirección O Mesón do Vento - Ardemil
Localidade Mesón do Vento Código Postal 15689
Municipio Ordes Nº Teléfono 981 692803
Provincia A Coruña Nº FAX  
Ensinanzas que se imparten Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria Obrigatoria: 1º ciclo
 
Colexio de Educación Infantil e Primaria de Merelle
Código 15011300 Titularidade Pública
Tipo de Centro Colexio de Educación Infantil e Primaria
Dirección Merelle
Localidade Merelle Código Postal 15680
Municipio Ordes Nº Teléfono  
Provincia A Coruña Nº FAX  
Ensinanzas que se imparten Educación Infantil
Educación Primaria
 
Colexio de Educación Infantil e Primaria Alfonso D. Rodríguez Castelao
Código 15011336 Titularidade Pública
Tipo de Centro Colexio de Educación Infantil e Primaria
Dirección O Paraiso S/N - Ordes
Localidade Ordes Código Postal 15680
Municipio Ordes Nº Teléfono 981 680842
Provincia A Coruña Nº FAX  
Ensinanzas que se imparten Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria Obrigatoria: 1º ciclo
 
Colexio de Educación Infantil e Primaria de Campomaior
Código 15011105 Titularidade Pública
Tipo de Centro Colexio de Educación Infantil e Primaria
Dirección Campo da Feira s/n
Localidade Ordes Código Postal 15680
Municipio Ordes Nº Teléfono 981 681681
Provincia A Coruña Nº FAX  
Ensinanzas que se imparten Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria Obrigatoria: 1º ciclo
 
Instituto de Ensino Secundario nº 1 de Ordes

HORARIO XERAL DO CENTRO (DE SETEMBRO A XUÑO)

De luns a venres de 09:10 a 14:40
Luns e mércores de 16:00 a 18:30

HORARIO DE VERÁN (MES DE XULLO)

De luns a venres de 09:30 a 13:30


Código 15027782 Titularidade Pública
Tipo de Centro Instituto de Ensino Secundario
Dirección Rúa Mestre Nicolás do Río s/n
Localidade Ordes Código Postal 15680
Municipio Ordes Nº Teléfono 981 68 09 22
Provincia A Coruña Nº FAX 981 68 02 25 

Equipo directivo

Directora: Dolores Iglesias Remuiñán

Vicedirectora: Laura Pérez Vázquez

Xefe de estudos: Manuel del Río Gómez

Secretaria: Mª Luz Barreiro Neira

Nº de alumnos

480

Nº de profesores

72

Persoal non docente

3 conserxes, 3 auxiliares administrativas e 4 limpadoras

Oferta educativa para o curso 2007/2008

ENSINANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA

  • 1º de ESO: 2 grupos
  • 2º de ESO: 2 grupos
  • 3º de ESO: 2 grupos
  • 4º de ESO: 2 grupos

BACHARELATO

Modalidades que se ofertan:

  • Ciencias da natureza e da saúde
  • Tecnolóxico
  • Humanidades e Ciencias Sociais
  • 1º de Bacharelato: 6 grupos
  • 2º de Bacharelato: 6 grupos

CICLOS FORMATIVOS

  • Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos
  • Ciclo Medio de Xestión Administrativa

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

  • Axudante de mecánica xeral e electricidade do vehículo

EDUCACIÓN DE ADULTOS

  • Módulo I
  • Módulo II
  • Módulo III
  • Módulo VI
 
Instituto de Ensino Secundario Maruxa Mallo

** INFORMACIÓN PENDENTE DE ACTUALIZAR **