RADIO ORDES

radiordes
15anos

INFO

Dial : 107.3 F.M.

Responsable:

Xoan Francisco Abeijón Casas

Contacto:
E-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Teléfono: 981 6814 83
Fax : 981 6807 57

 

grellashorarios
 
AULA DE INFORMÁTICA

ENDEREZO: R/ Galicia Nº 25. 2º ANDAR
TELEFONO: 981 68 14 31
            A aula de informática do Concello de Ordes está formada por 15 equipos con conexión a internet de banda ancha, gratuita para todos os usuarios que desexen facer uso dela.

 NORMAS DA AULA

  • Durante a estancia na aula deberase gardar silencio.
  • Os ordenadores so serán ocupados en actividades de ocio (xogos) en caso de disponibilidade dándose privilexios os usuarios que os soliciten para outras actividades.
  • Non está permitido introducir disquettes, cd-roms, dvds ou pendrives traídos polos usuarios sen o consentimento do responsable da aula.
  • Non está permitido comer, fumar ou consumir bebidas dentro da aula.
  • En casos de impresións de documentos de moitos folios, o usuario deberá entregar os folios previamente o responsable da aula.
  • Non se pode acceder a páxinas webs con contidos pornográficos ou violentos.
  • O uso inapropiado das instalacións suporá a expulsión definitiva do usuario da aula.
                     

** Na aula de informática da Casa da Cultura impártense os cursos de informática que convoca periodicámente o Concello de Ordes e os organismos oficiais polo que a sua disponibilidade pode verse reducida nos seus horarios habituais.

 
BIBLIOTECA

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE ORDES
REDE DE BIBLIOTECAS DA XUNTA DE GALICIA

Rua Xoxardo, nos novos locais dos Baixos da Alameda (Punto de Encontro)
15680 Ordes (A Coruña)
Teléfono: 981 68 19 92
Web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org

Dispón dun novo local de máis de 300 metros cadrados totalmente acondicionado, con tres salas, preescolar, infantil e adultos, contando ademais con zona informatica e zona wifi.

HORARIO

24 horas ao día todo o ano na nosa páxina web.
De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20 horas.
Sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Os meses de Xullo e Agosto abrimos de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas. 

OFRECEMOSCHE

  • Fondos infantís e para adultos.
  • Préstamos de libros e audiovisuais.
  • Consulta de libro, xornai, revistas, diarios oficiais,...
  • Obras de referencia e información.
  • Acceso gratuito a internet (WIFI).
  • Uso de equipos informático, impresora, escaner, pendrive e camara web.
  • Actividades de animación á lectura, periódicas e variadas:
    • Visitas escolares guiadas e periódicas dos CEIPS e Escolas Unitarias.
    • Representacións teatrais e contacontos.
    • Apoio á lectura facilitando o préstamo e adquirindo as obras recomendadas nos centros de ensino.
  • Gratuidade en todos os nosos servizos.
SERVIZO DE PRESTAMO
Para poder levar en préstamo libros, revistas, cds e outros materiais tes que ser socio da biblioteca.
A tarxeta de socio é gratuita, só tes que traer o DNI e dúas fotos tamaño carné. Poderás levar un máximo de tres documentos e a duración máxima do préstamo persoal e de quince días.
 
 
Podes consultar:
  • Os nosos fondos.
  • Entrar en todas as bibliotecas e centros de información.
  • Opinar, buscar información, navegar,...
  • Ler toda a prensa nacional, internacional e deportiva no noso KIOSKO, de maneira gratuita e diaria.
  • Acceder a todo tipo de recursos electrónicos en liña (pídenos as claves para ter acceso).
TEMOS
e-Junior.NET

Enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

Enciclonet

Extensa enciclopedia electrónica dirixida a ciclos superiores de ensino e a adultos.
Ocenet Saber

Especificamente feito para bibliotecas, con máis de 200.000 artigos en lingua española. Ofrece información de referencia, artígos de revista e publicacións especializadas, documentos históricos transcritos ou dixitalizados, clásicos literarios, imaxes, cartografía, atlas de anatomía, interactividades, enlaces de Internet e dicionarios.
Ocenet Salus

Contidos sobre saúde, nutrición e educación no coidado persoal. Ofrece obras de referencia, médica, de nutrición, de coidado persoal e de mediciñas alternativas, obras formativas, publicacións especializadas, protocolos de enfermería, sección de educación para a saúde, atlas de anatomía, dicionarios médicos e enlace a páxinas web recomendadas.
Hemeroteca dixital

A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais.
 
CASA DA CULTURA

ENDEREZO: R/ Galicia Nº 25
TELEFONO: 981 681431
HORARIOS: de Luns a Venres de 9 a 13 h. polas mañas e de 16 a 19 h. polas tardes.

Para cursos e actividades adaptaranse os horarios ás actividades incluindo os sabados.
As actividades realizanse no auditorio e na aula con capacidade para 25 persoas.

Na Casa da Cultura de Ordes, desarroianse tamen as seguintes actividades:

  • charlas
  • cursillos de empresas
  • cursillos de asociacións
  • cursillos da Deputacion
  • teatro
  • exposicións
  • clases de baile rexional
 
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
A escola de música é unha institución para persoas de todas as idades na que se ofrece ao estudantado a posibilidade de aprender e facer música colectivamente.

O obxectivo é unha formación musical íntegra para que o alumnado teña unha ampla visión da música, tanto no campo da clásica como da música moderna (jazz, funk, rock, ...) e consiga unha actitude crítica e independente para, no caso de decidilo, poder facer carreira musical en calquera dos dous ámbitos. Ademais unha escola de música crea afección e cultura: xera un público culto, sensible e preparado que lle permite gozar da música e participar en multutude de actividades artísticas.

A Escola municipal de Música de Ordes realiza unha oferta educativa en sintonía coas necesidades da poboación, seguindo os plans de estudos regrados da normativa vixente e baseada na súa autonomía pedagóxica cun cadro de profesionais altamente cualificados.

Conscientes da necesidade de ampliación e mellora da calidade do servizo, o Concello de Ordes realizara para este curso 2015/2016 as seguintes melloras: ampliación do profesorado dos 3 profesores actuais a 7, clases de instrumento de 45 minutos individualizadas, 1 hora semanal de teoría (linguaxe musical, harmonía, ...), 1 hora semanal de clase de música moderna (big-band), 1 hora semanal de clase de música clásica (banda xuvenil) e 1 hora semanal de música e movemento para os cativos e as cativas dende os 4 anos de idade.

A oferta educativa da escola está dirixida a calquera perfil, non soamente ao alumnado especialmente cualificado, aínda que este tamén poderá ser atendido e orientado cara a uns estudos profesionais no conservatorio.

  MATRÍCULA

Prezo da matrícula e cotas mensuais (sinxela ou completa) publicadas no
B.O.P. NUM.1 do 02/01/2012.

MATRÍCULA

67,00€

PREZO POR UNIDADE FAMILIAR

Pago único coa formalización da inscrición

 

SINXELA

20,00€

1 MATERIA A ELEXIR:

Música e Movemento

Linguaxe Musical

Instrumento

Big-Band

Banda Xuvenil

 

COMPLETA

40,00€

ACCESO A TODAS AS MATERIAS

Linguaxe Musical

Instrumento

Instrumento optativo

Big-Band

Banda Xuvenil

 

IMPRESOS

Folla de inscrición
Folla de pagamento

CURSO 2015/2016

Información da Escola Municipal de Música de Ordes para o curso 2015/2016: calendario, horarios, reunións, comunicados, ...

Como realizar a inscrición

Descargar impreso matrícula

Descargar folla pagamento

Para realizar a inscrición na escola de música debes seguir estes pasos:

1.    Cumprimenta o impreso de matrícula

2.    Diríxete o departamento de Educación do Concello. 
(Edificio do concello - 1º andar, en horario de 8:00 a 15:00)

3.    Indíca a forma de pagamento da matrícula cumprimentando a folla de pagamento

o    Cargo no banco coa 1ª mensualidade

o    Realizar o pago nas oficinas de ABANCA

Descargar folla de horarios

 CLASES COLECTIVAS

 

 CLASES INDIVIDUALES

 

 CLASES OPTATIVAS

Linguaxe Musical II

Luns de 19 a 20 h.

 

Saxo

Luns

 

Guitarra

Luns

Big-Band

Luns de 20 a 21 h.

 

Frauta Travesa

Martes

 

Piano

Martes ou Venres

Música e Movemento

Martes de 18 a 19 h.

 

Clarinete

Martes

 

 

 

Linguaxe Musical I

Martes de 19 a 20 h.

 

Tuba, Trombón, Bomardino

Martes

 

 

 

Banda Xuvenil

Martes ou Venres 
de 20 a 21 h.

 

Trompeta, Trompa

Martes ou Venres

 

 

 

 

 

 

Percusión

Venres

 

 

 

 

 

 

Óboe, Fagot

-

 

 

 

NOTA: Estes horarios son provisionais. Os definitivos publicaranse unha vez finnalizada a matrícula e realizada a reunión co alumnado

Calendario do curso 2015/2016

Descargar o calendario do curso 

O calendario lectivo da escola de música coincide co calendario escolar pero poderá ser modificado polo equipo docente en función das necesidades da escola e comunicado ao alumnado coa suficiente antelación.

Descargar o tríptico da escola

Información da escola de música, o profesorado, materias e clases que se imparten, prazos, etc...