SENDEIRISMO: OS CAMIÑOS DE SANTIAGO EN GALICIA
cami_o-inglesp
cami_o-inglesp
 click nas imaxes para amplialas
 
CAMIÑO INGLÉS

É o camiño que realizaban os peregrinos que chegaban a Galicia a través do mar dende os portos do Báltico, Países Escandinavos, Países Baixos, Flandes, norte de Francia e, sobre todo, ingleses e irlandeses. No Ano Santo de 1434 desembarcaron casi 3.000 peregrinos en Portus Magnus Artabrorun (A Coruña)

Dende os portos de Ferrol ou A Coruña comenzaban a sua marcha a pé ata Santiago.

Hai dous tramos:
Tramo de Ferrol (57 km.) : transcurre por: Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Santuario da Nosa Señora do Camiño (onde se cruza co Camiño que ven de Oviedo), Betanzos, Abegondo e Bruma (Mesía) onde se une co tramo de A Coruña para continuar ata Santiago.

Tramo de A Coruña (68 km.) : pasa por O Burgo, Cambre, unha variante, a outra por Alvedro (é a principal), Concello de Carral, Bruma (Mesía), Ordes, A Igrexa (Oroso), Sigüeiro e Santiago de Compostela.

Lugares de acollida existen nas vilas de Bruma (Mesía), Miño e Neda. Tamén hai posibilidades na Coruña e Betanzos.

Tramo de A Coruña (Albergues: 6 - Acollida: 0)
Tramo de Ferrol (Albergues: 3 - Acollida: 1)