PAISAXE

O Concello de Ordes presenta un relevo suave debido a estar situado nunha altiplanicie na que oscila a altura entre os 250 e os 461 metros sobre o nivel do mar.

Toda a xeografía caracterizase por numerosos cursos fluviais que discorren cara o sur. A suavidade topográfica e as características climátícas favorecen unha paisaxe de belas pradeiras, sempre verdes, entre as que se intercalan especies autóctonas como o carballo e o castiñeiro, predominando nas ribeiras dos ríos a vidoeira e o freixo.