IVÁN RAÑA FUENTES

Nace un afortunado 10 de Xuño de 1979 en Ordes, A Coruña.

A súa afición polo deporte nace casi á vez que el, na súa infancia, coa natación. Primeiro en Ordes, posteriormente no C.N. Santiago e sempre aproveitando calquera ocasión de participar en carreiras populares coa familia.

Entre os 13 e os 16 anos, Iván non ten tempo nin para aburrirse, xa que consigue ser campión Galego Infantil de Natación, gañador de numerosas carreiras populares, probas de bicicleta de montaña e travesías a nado. Adivíñase xa sen dubida un deportista que apunta claramente ó Triatlón, destacando en tódalas disciplinas que definen este deporte.

A partir dos 15 anos entrena en Triatlón, e máis tarde en Ciclismo de Carretera, Cross e Fondo en Pista. Estivo federado en Natación, Ciclismo, Atletismo e Triatlón, participando en alta competición nas catro especialidades.

Becado pola ADO con beca A-1, ten como entrenador a César Varela Lorenzo nunha carreira imparable. Chegou ó máis alto, pero ós seus 24 anos, estamos seguros de que lle queda unha longa lista de éxitos por diante.

ANOS 1996 - 1999 | Idade dos 17 ós 20 años |

Ano 99

- Campión de Europa Junior, Madeira.
- 3º Mundial Junior, Montreal.
- 2º Absoluto Copa do Mundo, Cancún.
- 2º Absoluto en Triatlón Internacional de Belgrado.
- 2º Absoluto e 1º Junior Triatlón Internacional de Zarautz .
- 3º Absoluto/1º Junior en campionato de España.
- Gañador de diversos Triatlóns en España, Internacional de Barcelona, etc.
- Seleccionado para o Equipo Olímpico de Sidney 2000.
- Triatleta Internacional que máis postos ascendeu nunha temporada no Ranking Mundial da ITU (Federación Internacional de Triatlón).

Ano 98

- Campión de España Junior de Duatlón Sprint. Na temporada 97 sufriu dous atropellos consecutivos na bicicleta que lle impediron estar en forma para o campionato de España.
- 6º Posto no Mundial Junior en Lausanne, Suiza. Remonta 34 postos na bicicleta e 15 correndo, despois de sair da auga no posto nº 56 por unha agresión que lle quita o traxe de natación.

Ano 97

- 4º no Mundial Junior (18-20 años) en Perth, Australia.
- 3º Junior na Final da Copa de Europa en Alanya, Turquía.

Ano 96

- Subcampión de España Junior de Triatlón.
- 4º no Mundial, en categoría Junior B (16-17 años) en Cleveland, USA. Primeira saída internacional coa Selección Española.

TEMPORADA 2000 | Idade 21 años |
4º Absoluto Copa do Mundo Ishigaki, Xapón

4º Absoluto Copa do Mundo, Hawai

5º Absoluto Copa do Mundo, Cornerbrook, Canadá

5º e Diploma Olímpico en XXOO Sydney 2000

Primeiro diploma olímpico español en Sydney 2000
As probas femenina e masculina de Triatlón en Sidney 2000 celebráronse o primeiro e segundo día respectivamente, na bahía de Sidney co Opera House como escenario das transicións, boxes, entrega de medallas, etc. A organización australiana estaba interesada en ofrecer a mellor imaxen de Sidney co motivo da primeira proba olímpica de Triatlón, na que esperaban varias medallas.

Iván Raña era o triatleta máis xoven dos 50 que tomaron a saída.

No segmento de ciclismo estivo sempre nos primeiros postos do pelotón, e na carreira a pe mantívose cerca da cabeza, ata chegar no 5º posto, poucos segundos detrás do campión mundial do 99, Dimitri Gaag, e por diante de figuras internacionales como Simon Lessing, catro veces campión mundial.

O quinto posto na proba olímpica de Triatlón supoñía o primeiro diploma olímpico para España nos Xogos nos que se deu a coñecer este deporte dende o mellor escenario posible.

As cadeas de televisión, a prensa e a radio en España abriron os seus informativos olímpicos con esta noticia, contribuindo así á difusión deste novo deporte e ó coñecemento da figura de Iván Raña como o primeiro Diploma Olímpico en Sidney.

"Pola súa progresión e a forza da súa imaxen en competición, Iván Raña é o triatleta europeo de maior proxección e unha garantía de futuro como figura internacional". Prensa australiana especializada.

6º Clasificado no ranking mundial ITU, ano 2000; o máis xoven do Top 10

TEMPORADA 2001 | Idade 22 años |
1º Absoluto Copa do Mundo Ishigaki, Xapón

Primeria victoria na proba de Copa do Mundo
Na 2ª proba da Copa do Mundo da temporada 2001, celebrada en Ishigaki, Xapón, Iván alcanza o primeiro posto. Esto supón o mellor resultado dun español nestas probas, do máis alto nivel internacional.
A Copa do Mundo de Ishigaki foi valorada pola comisión técnica da ITU coa puntuación máis alta que existe, pola presencia da maioría de los triatletas que ocupan os 20 primeros lugares do Ranking mundial.

4º Absoluto Campionato do Mundo 2001 Edmonton, Canadá

Campión do Mundo de Acuatlón 2001 Edmonton, Canadá

Cerca das medallas no Mundial de Edmonton
En Xullo celebrouse o campionato do Mundo de Triatlón e Acuatlón en Edmonton, Canadá.
O Mércores Iván gañou a proba de Acuatlón, de 2km. de carreira, 750m. de natación y 2km. máis de carreira, e confirmuse como un dos aspirantes aos primeiros postos en Triatlón.
A proba celebrouse o Domingo, coa participación de tódalas figuras internacionais.
Iván Raña non tivo o seu día na natación e viuse obrigado a esforzarse na bici para chegar ó primeiro grupo. Durante a carreira estivo ata o final disputando a segunda praza nun grupo de sete triatletas, pero a maior experiencia e idade dos seus rivais impediulle alcanzar un posto de podium.

Subcampión de Europa de Triatlón en Carlsbad, Chequia

Subcampión de Europa
O 22 de Xuño celebróuse en Carlsbad, República Checa, o campionato de Europa de Triatlón. A proba foi retransmitida en directo por Eurosport.
Nun circuito moi duro, con un "muro" de adoquíns do 20% que se subía sete veces e un circuito de carreira a pé que inclúe unha subida-baixada moi esixente, Iván foi liderando o pelotón de favoritos. Só os problemas musculares de contracturas, polo efecto da baixada tan brusca, obrigáronlle a baixar o ritmo e pararse a estirar os músculos das pernas.
Chegou o sprint con Ospaly, un checo de 26 anos que o superou na meta.
Sen embargo Iván Raña demostrou outra vez que é o triatleta máis destacado do panorama internacional, con 22 anos recién cumplidos en Xuño.

Campión de España de Triatlón Absoluto, Águilas, Murcia

Campión de España de Duatlón por Autonomías

TEMPORADA 2002 | Idade 23 años |
2º en Copa do Mundo Kamagori, Xapón

Campión de Europa Absoluto

Campión de Europa
En Gyor, Hungría, celebrouse este campionato con tódalas figuras europeas. Foi retransmitido en directo por Teledeporte e EuroSport, e o público español puido disfrutar dunha victoria moi traballada por Iván, dende a natación, con un ciclismo conservador e unha fase de carreira de menos a máis, dominando a tódolos seus rivais nun día moi caluroso.
De este xeito, sacábase a espiña do ano anterior, ante o checo Ospaly, ó que venceu con comodidade.

Victoria en ITU Event de Madrid e Campión de España

Victoria en Madrid
Mantendo unha traxectoria ascendente na súa forma para afrontar o Mundial, Iván participa no ITU Event de Madrid, a principios de Septembro, deixando patente a súa superioridade ante boa parte das figuras europeas e tódolos compañeiros do equipo nacional. Iván proclámase ademáis Campión de España.

Victoria na Copa do Mundo de Funchal, Madeira

Victoria en Funchal
A principios de Outubro participa, como preparación, na Copa do Mundo de Funchal, e para sorpresa de tódos logra una gran victoria no kilómetro final, deixando claro que é un dos favoritos indiscutibles para a cita de Cancún.

Campión do Mundo Absoluto en Cancún

Campión do Mundo por dereito propio.
Nun ambiente de gran expectación ante milleiros de seguidores de todo o mundo, Iván Raña logra coa colaboración de todo o equipo, un éxito para o que se preparara durante oito anos de duros entrenamentos.
En Cancún demostrou a súa capacidade de competidor intelixente dende a natación, na fase de bici controlando o grupo xunto cos compañeiros e finalmente na carreira, insufrible para todos polo calor. Cruzou a meta con 26 segundos de ventaxa sobre Robertson, o australiano campión do pasado ano.
Os medios de prensa, TV, radio, etc., acompañaron ampliamente esta victoria, que confirma a Iván Raña como a máxima figura dun deporte tan esixente e fermoso como é o Triatlón.

TEMPORADA 2003 | Idade 24 anos |
Firma do acordo con Central Lechera Asturiana
Desde ahora e ata o 2006 Iván Raña competirá cas cores do logotipo da compañía láctea
Campeón de Europa en Carlsbad, Chequia.
Subcampión do mundo de triatlón en Nova Zelandia.

TEMPORADA 2005 | Idade 27 anos |
Subcampión de España en Almería.

 
HERMINIO RIAL NAVEIRO

Deporte: Atletismo en silla de rodas

Palmarés:

· Campión do Mundo de 1/2 Maratón ano 97
· Gañador da Maratón de Nova York ano 96
· Finalista de 1500 m. nos Xogos do Mediterráneo "Bari 97"
· 2º na Maratón de Lisboa ano 98
· Gañador da Maratón de Sevilla ano 96
· Gañador da Maratón de Sevilla ano 97
· Gañador da Maratón de Sevilla ano 98
· Gañador da Maratón de Asturias ano 95
· Campión de España de Maratón ano 95
· Campión de España de Maratón ano 96
· Campión de España de Maratón ano 97
· Campión de España de Maratón ano 98
· Campión de España de 1/2 Maratón ano 96
· Campión de España de 1/2 Maratón ano 97
· Campión de España de 1/2 Maratón ano 98
· Campión de España 1.500 m. varios anos consecutivos
· Campión de España 5.000 m. varios anos consecutivos
· Campión de España 10.000 m. varios anos consecutivos
· Realizou o Camiño de Santiago dende París ano 95
· Realizou o Camiño de Santiago dende Francia(frontera) 900 kms. en 12 días ano 93
· Nomeado Deportista de Élite polo Goberno Español no ano 98
· Nomeado Fillo Adoptivo de Ordes ano 2.000