DEFENSA DE RIOS
DEFENSA DOS RIOS

PROGRAMA DE DEFENSA DOS RIOS

O Programa de defensa dos ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.


Bloques de Actividades:
 
  1. Organización de cursos e charlas.
  2.  Elección dunha conca fluvial e tramos de estudio.
  3.  Estudio e seguimento periódico do río.
  4.  Adopción de determinados treitos.
  5.  Limpeza de ríos