SISTEMA DE RECOLLIDA DE CARTON PORTA A PORTA
Image
O Concello de Ordes, porá en marcha a partir do primeiro mércores día 6 de xuño unha campaña gratuíta de recollida Porta a Porta de cartón comercial, ECO COMERCIO, destinada á recollida selectiva de papel-cartón nos propios establecementos comerciais e nos postos de venda ambulante situados no Campo da Feira. Este servizo, organizado pola Concellaría de Medio Ambiente, ten coma principal obxecto a sensibilización dos comerciantes da vila sobre a importancia da recuperación dos envases de papel e cartón que se xeneran nos seus negocios.
O funcionamento deste servizo, ten unha metodoloxía moi sinxela que se describe a continuación:
Os comerciantes depositarán tódolos mércores antes das 15.00 h. e na porta de acceso aos seus negocios, sen obstruir o paso aos peóns, os residuos de papel-cartón plegados, apilados e atados, á espera de que un camión pase a retiralos entre as 15.00 e as 17.00 h. aprox. Os vendedores ambulantes, unha vez rematado o mercado, tódolos mércores e antes das 15.00 h. realizarán a mesma operación xuntando os vultos de papel-cartón en zonas comúns para facilitarlle o traballo ao servizo de recollida.
Para máis información, chame ao 981 68 00 02.
 
< Anterior   Seguinte >