Máis de 40 atletas participan no VI Campus de Atletismo que se celebra no Concello de Ordes |
|
Compiten
atletas de todas as idades. O xoves terá lugar a entrega de premios
Máis
de 40 atletas de todas as idades participan ao longo desta semana no
VI Campus de Atletismo que se desenvolve nas instalacións da Cidade
Deportiva de Vista. Unha cita que está organizada polos concellos de
Ordes e Cerceda e que conta coa colaboración do Club Atletismo Ordes
e o Club Atlética A Silva.
A
programación desenvolverase de luns a xoves de 18.30 a 20.30 horas
no caso dos menores e de 21.30 a 23 horas para os adultos. Onte,
primeiro día de celebración e debido ás condicións meteorolóxicas
adversas, as probas trasladáronse ao pavillón Campomaior. Alí se
disputaron carreiras de velocidade con e sen obstáculos, ademais de
xogos multiatléticos.
O
cadro técnico para este ano está encabezado por Xosé Domínguez,
adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física.
Outros compoñentes serán: Xulio Santiago Freixanes, Ana Domínguez
e Irene Mallo, todos eles monitores nacionais de atletismo. Todos
eles computarán os resultados obtidos ao longo destes días para
proclamar aos mellores atletas deste campus, cuxa entrega de premios
terá lugar o vindeiro xoves, á cal asistirá o alcalde do municipio
ordense Manuel Regos.
|
|