Manuel Regos e Roberto Iglesias clausuran o VI Campus de Atletismo que tivo lugar no Concello
26_xuo_2014_clausura_vi_campus_atletismo_ordes

Manuel Regos e Roberto Iglesias clausuran o VI Campus de Atletismo que tivo lugar no Concello de Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado do concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, acudiron esta tarde á Cidade Deportiva de Vista Alegre para acompañar aos preto de 40 partcipantes do VI Campus de Atletismo na súa clausura. Unha xornada na que se deron a coñecer os resultados finais de todas as probas e se procedeu á entrega de galardóns e agasallos.

Un ano máis a cita foi organizada polos concellos de Ordes e Cerceda e contou coa colaboración do Club Atletismo Ordes e o Club Atlética A Silva.

 
< Anterior   Seguinte >