if($option!="com_frontpage"){ ?>
A piscina municipal do Muíño xa conta cun novo manto de céspede artificial |
|
Abrirá
o vindeiro martes e a tempada rematará a mediados de setembro.
A
piscina municipal do Muíño abrirá as súas portas o vindeiro
martes cun aspecto totalmente renovado. Unhas instalacións renovadas
que contan cun novo manto de céspede artificial que cubre toda a
extensión do solarium. Máis de 1.500 metros cuadrados nos que os
usuarios poderán desfrutar ata mediados do mes de setembro. Ademaid
tamén hai que sinalar as labores de limpeza, mantemento e aplicación
de pintura en todo o recinto de cara a nova tempada. realizadas
iniciará unha nova tempada. Con estas medidas o Concello de Ordes
pretende dar servizo na que se considera a instalación de lecer máis
importante do municipio para xente de todas as idades durante os
meses estivais.
Tal
e como indica a normativa tamén se contará cun amplio e efectivo
corpo de salvamento, composto por 10 socorristas que velarán pola
seguridade dos bañistas ao longo de toda a xornada.
Quen
desexe facer un carné para esta tempada pode solicitalo no
departamento de Deporte, no primeiro andar do Concello. Será preciso
que ademais dos seus datos persoais acheguen tamén unha fotocopia do
DNI e unha fotografía tamaño carné. No caso dos adultos o custo
para toda a tempada será de 20 euros e para oss menores 12 euros.
Tamén se poderá adquirir por mensualidades, en cuxo caso o prezo
será de 12 e 6 euros respectivamente, agás no mes de setembro, que
se reducirá á metade. Os prezos para adquirir entradas por xornadas
soltas será de 1,50 euros para os maiores e de 1 euro para os
menores.
|
|
}?>