CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
Image
O CIM da Mancomunidade de Ordes pon en marcha unha nova campaña de sensibilización e conciencia sobre a violencia de xénero no ámbito do deporte.
Preténdese que as persoas físicas e xurídicas da comarca vinculadas a esta actividade asuman un papel activo á hora de transmitir o rexeitamento cara a esta problemática social. En total hai que falar de arredor de 60 entidades e clubs deportivos, ademais dun amplísimo número de escolas deportivas municipais. A metodoloxía escollida pasa pola gravación de vídeos, o deseño de carteis e material publicitario e promocional, así como a gravación de cuñas radiofónicas.
 
< Anterior   Seguinte >