Escudo Concello de Ordes

Cruz Vermella Ordes atendeu en 2015 a 200 persoas en situación de vulnerabilidade
09_abril_2016_informe_anual_cruz_vermella_ordes_2015_4

O Concello pon á disposición da organización un almacén situado na Praza de Abastos para alimentos e outro tipo de materiais

Cruz Vermella Ordes presentou o seu informe anual no que destacan as 200 persoas en situación de vulnerabilidade que ao longo do ano 2015 foron atendidas no municipio, 136 deles casos extremos. En total repartíronse 4.700 quilos de alimentos, máis de 70 vales de compra, así como múltiples donacións realizadas pola veciñanaza. Tamén hai que sinalar as axudas educativas, sanitarias, de subministros, ou as 10 donacións materiais de obxectos de primeira necesidade (camas, cunas etc).

As cifras inclúen a 20 menores que participaron nos proxectos de promoción de éxito escolar, onde o voluntariado fai entrega de merendas saudables e lles brinda apoio nas tarefas escolares, lles incide en hábitos de aprendizaxe, organiza actividades lúdicas e didácticas para o seu tempo de ocio, ademais de traballar cos seus proxenitores nas escolas de pais e nais. Seguindo co apartado formativo 30 persoas recibiron clases de lingua castelán. Por outra banda impartíronse talleres de economía doméstica e de manipulación de alimentos a case 60 persoas. Hai que falar tamén de case 30 persoas en idade avanzada que fan uso do servizo de teleasistencia, grazas ao cal pódense sentir seguros e gozar de maior autonomía dentro da súa propia casa.

Un total de 45 menores participaron nas actividades de ocio e educación en valores levadas a cabo pola sección xuvenil, tanto na mesma vila de Ordes como nas diversas parrroquias. A isto engádenselle dúas xornadas de sensibilización sobre o consumo responsable de xoguetes e a entrega destes a 44 nenos e nenas en risco de exclusión. Xornadas e actos relacionados cos días internacionais da muller, do VIH e contra a violencia de xénero, además doutros eventos locais, completan este calendario.

Voluntarios protagonistas

Protagonismo e mención especial especial tiveron o 20 voluntarios cos que Cruz Vermella conta en Ordes. En palabras de Susana García “ten moito mérito que estas persoas dediquen o seu tempo a outros nun momento no que ningúen parece que dispoña de tempo libre, porque todas e todos estamos moi ocupados. A súa xenerosidade e entrega fan posible que Cruz Vermella Ordes sexa capaz de facer todas estas cousas e iso hai que agradecelo e recoñecelo como se merecen”. Susana García defeiniu á organización “como unha das irmás máis importantes, xunto con Cáritas, que ten o Departamento de Servizos Sociais de Ordes. Sempre que se lles chama a resposta é inmedat, positiva e efectiva. Por iso dende o Concello seguiremos respondendo do mesmo xeito que ata agora, brindándolles a nosa máxima colaboración”. Aproveitando a ocasión físoxe pública a nova colaboración entre Cruz Vermella Ordes e o Concello, ao cederlle este o uso dun dos locais situados na Praza de Abastos que será empregado como almacén para alimentos e para outro tipo de materiais.

Este año 30 veciños e veciñas de Ordes fixéronse socios de Cruz Vermella. A Asamblea local conta con 6 empresas y 182 personas socias, aumentando estes ingreso nun 20% en relación co ano anterior. A nivel global esto tradúcese nuns ingresos de 23.418 € e nuns gastos de 23.700 €, mellorando os resultados do exercicio 2014.

O acto de presentación tivo lugar no Museo do Traxe e congregou a numerosas persoas, entre os que non faltaron a concelleira de Servizos Sociais e o presidente local da organización, Susana García e Manuel Viqueira respectivamente. Tampouco faltaroná cita de onte a presidenta provincial de Cruz Roja, Mercedes Casanova Díaz, e a directora do consello local de Cruz Vermella Xuventude, María Silveira.

 
< Anterior   Seguinte >