Escudo Concello de Ordes

Clases na fin de semana para obter o carné de fitosanitarios

09_abril_2016_curso_fitosanitarios_ordes

Esta mañá o Concello de Ordes deu comezo un novo curso de aplicador – manipulador de produtos fitosanitarios. Máis de 20 alumnos e alumnas asistirán a estas clases ao longo das vindeiras fins de semana, facilitándoselle así este trámite a aquelas persoas que polo seu horario de traballo non poidan facelo ao longo da semana.

Deste xeito preténdese que cada un deles e delas obteñan os coñecementos necesarios e a formación básica para poder obter o carné esixido. As pragas nos cultivos, clasificación e descrición dos produtos fitosanitarios, os riscos derivados da súa utilización, os perigos que conlevan para a saúde das persoas e cómo reducilos, prácticas de identificación e utilización de Epis ou o seu transporte e almacenamento serán algúns dos aspectos que se aborden durante este curso, o cal rematará o vindeiro 30 de abril. En total terá unha duración de 25 horas de carácter presencial. Dita iniciativa formativa está organizada polo Concello de Ordes.

 
< Anterior   Siguiente >