Manuel Regos recibe á familia Prego Aldín na súa visita ao Concello de Ordes
prego

Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca, recibiu esta mañá a visita da familia Prego Aldín. Residentes en Brasil dende hai moitos anos, non quixeron perder a ocasión de visitar os Concello de Ordes e máis concretamente a parroquia de Leira, lugar de nacemento do cabeza de familia. Deste xeito Regos continúa co seu costume de atender persoalmente a aqueles integrantes da diáspora ordense, para coñecer de primeira man cal é a súa situación e a dos seus compatriotas.

 
< Anterior   Seguinte >