Exposicións, xogos, contacontos e monicreques para conmemorar o Día das Letras Galegas no Concello

Dende o venres ata o día 29 a biblioteca municipal acollerá unha mostra sobre Xosé Manuel Díaz Castro, que poderá visitarse de balde.

O Concello De Ordes conmemora este ano o Día das Letras Galegas con dous actos nos que os máis novos e novas do municipio son os principais protagonistas. O primeiro deles acontecerá o próximo venres día 16 na biblioteca municipal, onde se inaugurará unha exposición na que se homenaxeará a figura de Xosé Manuel Díaz Castro, a quen este ano se lle adica a xornada conmemorativa. Unha mostra na que se poderá facer un percorrido tanto pola súa traxectoria vital como da súa obra e que se poderá visitar de balde ata o 29 de maio. Ese mesmo día a partir das 18.30 horas terá lugar o contacontos ‘O viaxe dunha gota de auga’ e o xogo de animación ‘Canto sabes das letras galegas’.

Ao día seguinte, sábado, ás 11.30h a Casa da Cultura acollerá unha representación de monicreques. O espectáculo ‘As fabas máxicas’ está especialmente pensado para que poida desfrutarse en familia. A proposta está incluída dentro do programa de animación ligüística Falaredes.
 
< Anterior   Seguinte >