A Policía Local de Ordes e axentes da Garda Civil imparten unha clase de educación vial
23_xuo_2014_clase_educacin_vial_colexio_campomaior_ordes
23_xuo_2014_clase_educacin_vial_colexio_campomaior_ordes_2

A Policía Local de Ordes e axentes da Garda Civil imparten unha clase de educación vial no Colexio Campomaior

Axentes da Garda Civil e da Policía Local de Ordes impartiron unha clase especial de educación vial aos alumnos e alumnas do colexio Campomaior de Ordes. Unha sesión na que se proxectaron vídeos informativos, se deron consellos á hora de circular en bicicleta ou a pé, se analizaron as sinais máis habituais, ademais de brindarlle aos menores a posibilidade de subirse aos coches oficiais dos corpos de seguridade.

 
< Anterior   Seguinte >