3 días de festa e diversión no Mesón do Vento na honra de San Pedro de Ardemil
O Mesón Do Vento ultima detalles para celebrar esta fin de semana as súas festas de San Pedro de Ardemil. O programa de actuacións arrancará o vindeiro sábado cunha misa solemne a partir das 13.30 horas, que estará seguida da procesión do Santísimo Sacramento. A orquestra Abanico, que esta tempada ten como cantante principal a artista local Tania Veiras, será a encargada de animar tanto a sesión vermú como a verbena nocturna.

De cara ao domingo ás 13.30 horas novamente celebrarase unha misa con procesión, esta vez coa imaxe da Virxe do Carme. Unha xornada na que a nota musical virá da man do grupo Aramio. Por último, o luns contarase coas actuacións dos grupos Canadá e Los Satélites, ademais de ter lugar unha gran churrascada popular a partir das 21.30 horas. Dadas as inclemencias meteorolóxicas rexistradas nos últimos días a comisión de festas instalará unha gran carpa na que poder resgardarse en caso de chuvia.

 
< Anterior   Seguinte >