Alumnos e alumnas do colexio Campomaior ofrecen un recital musical na residencia de maiores de Ordes
26_xuo_2014_recital_musical_na_residencia_de_maiores_de_ordes_2

Alumnos e alumnas do colexio Campomaior ofrecen un recital musical na residencia de maiores de Ordes

Varios alumnos e alumnas do colexio Campomaior trouxeron a diversión á residencia de persoas maiores de Ordes. Alí ofreceron un recital musical para todos os residentes no que moitos deles se animaron a acompañalos botando unhas bailas e coreando moitas das cancións tradicionais e populares que figuraban no repertorio. Unha experiencia coa que se pretende achegar entre sí a distintas xeneracións, á par que demostrar que os puntos en común e as posibilidades de compartir tempo, diversión e experiencias son maiores das que poidan aparecer a primeira vista.

 
< Anterior   Seguinte >