70 rapaces participan dende hoxe na primeira quenda do II Campus Verán-Fútbol S.D. Club Órdenes
01_xullo_2014_ii_campus_vern-ftbol_sd_club_rdenes

A segunda quenda desenvolverase do 17 de xullo ao 1 de agosto e o prazo para apuntarse permanecerá aberto ata o 10 deste mes

Un total de 70 rapaces de Ordes e da súa comarca participan dende hoxe no II Campus de Verán-Fútbol. Unha iniciativa desenvolvida pola S.D Club Ordes coa que se pretende fomentar a práctica deste deporte entre os nenos e nenas, así como mellorar o seu nivel con programas de adestramento especializados.

Dito campus desenvolverase no mes de xullo en dúas quendas quincenais, quedando todavía prazas baleiras para a que terá lugar do 17 de xullo ao 1 de agosto. Para formar parte deste grupo será necesario inscribirse ata o 10 de xullo como data límite nas instalacións da cidade deportiva de Vista Alegre. O horario das actividades irá dende as 9.30 ás 14 horas de luns a venres. Poderán participar os nacidos entre 1998 e 2000, ambos inclusive. Os prezos son de 60 euros por quenda, reducíndose a 40 a partir do segundo irmán ou irmá.

 
Seguinte >