O Club Boudsport suma catro medallas no Campionato Galego Cadete de Taekwondo
O club ordense Boudsport vén de sumar recentemente novos éxitos no seu palmarés. Concretamente acadaron  catro novas medallas nas probas do Campionato Galego Cadete de Taekwondo. Os agraciados son Sara Gacio Cendal (prata), Carla Diéguez (prata), Claudia Diéguez (bronce) e Manuel Castro (bronce).  Dende o Concello de Ordes deséxaselles moita sorte nas probas para formar parte da selección galega de cara ao pase no Campionato de España Cadete 2016.
boude
 
< Anterior   Seguinte >