ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
A escola de música é unha institución para persoas de todas as idades na que se ofrece ao estudantado a posibilidade de aprender e facer música colectivamente.

O obxectivo é unha formación musical íntegra para que o alumnado teña unha ampla visión da música, tanto no campo da clásica como da música moderna (jazz, funk, rock, ...) e consiga unha actitude crítica e independente para, no caso de decidilo, poder facer carreira musical en calquera dos dous ámbitos. Ademais unha escola de música crea afección e cultura: xera un público culto, sensible e preparado que lle permite gozar da música e participar en multutude de actividades artísticas.

A Escola municipal de Música de Ordes realiza unha oferta educativa en sintonía coas necesidades da poboación, seguindo os plans de estudos regrados da normativa vixente e baseada na súa autonomía pedagóxica cun cadro de profesionais altamente cualificados.

Conscientes da necesidade de ampliación e mellora da calidade do servizo, o Concello de Ordes realizara para este curso 2015/2016 as seguintes melloras: ampliación do profesorado dos 3 profesores actuais a 7, clases de instrumento de 45 minutos individualizadas, 1 hora semanal de teoría (linguaxe musical, harmonía, ...), 1 hora semanal de clase de música moderna (big-band), 1 hora semanal de clase de música clásica (banda xuvenil) e 1 hora semanal de música e movemento para os cativos e as cativas dende os 4 anos de idade.

A oferta educativa da escola está dirixida a calquera perfil, non soamente ao alumnado especialmente cualificado, aínda que este tamén poderá ser atendido e orientado cara a uns estudos profesionais no conservatorio.

  MATRÍCULA

Prezo da matrícula e cotas mensuais (sinxela ou completa) publicadas no
B.O.P. NUM.1 do 02/01/2012.

MATRÍCULA

67,00€

PREZO POR UNIDADE FAMILIAR

Pago único coa formalización da inscrición

 

SINXELA

20,00€

1 MATERIA A ELEXIR:

Música e Movemento

Linguaxe Musical

Instrumento

Big-Band

Banda Xuvenil

 

COMPLETA

40,00€

ACCESO A TODAS AS MATERIAS

Linguaxe Musical

Instrumento

Instrumento optativo

Big-Band

Banda Xuvenil

 

IMPRESOS

Folla de inscrición
Folla de pagamento

CURSO 2015/2016

Información da Escola Municipal de Música de Ordes para o curso 2015/2016: calendario, horarios, reunións, comunicados, ...

Como realizar a inscrición

Descargar impreso matrícula

Descargar folla pagamento

Para realizar a inscrición na escola de música debes seguir estes pasos:

1.    Cumprimenta o impreso de matrícula

2.    Diríxete o departamento de Educación do Concello. 
(Edificio do concello - 1º andar, en horario de 8:00 a 15:00)

3.    Indíca a forma de pagamento da matrícula cumprimentando a folla de pagamento

o    Cargo no banco coa 1ª mensualidade

o    Realizar o pago nas oficinas de ABANCA

Descargar folla de horarios

 CLASES COLECTIVAS

 

 CLASES INDIVIDUALES

 

 CLASES OPTATIVAS

Linguaxe Musical II

Luns de 19 a 20 h.

 

Saxo

Luns

 

Guitarra

Luns

Big-Band

Luns de 20 a 21 h.

 

Frauta Travesa

Martes

 

Piano

Martes ou Venres

Música e Movemento

Martes de 18 a 19 h.

 

Clarinete

Martes

 

 

 

Linguaxe Musical I

Martes de 19 a 20 h.

 

Tuba, Trombón, Bomardino

Martes

 

 

 

Banda Xuvenil

Martes ou Venres 
de 20 a 21 h.

 

Trompeta, Trompa

Martes ou Venres

 

 

 

 

 

 

Percusión

Venres

 

 

 

 

 

 

Óboe, Fagot

-

 

 

 

NOTA: Estes horarios son provisionais. Os definitivos publicaranse unha vez finnalizada a matrícula e realizada a reunión co alumnado

Calendario do curso 2015/2016

Descargar o calendario do curso 

O calendario lectivo da escola de música coincide co calendario escolar pero poderá ser modificado polo equipo docente en función das necesidades da escola e comunicado ao alumnado coa suficiente antelación.

Descargar o tríptico da escola

Información da escola de música, o profesorado, materias e clases que se imparten, prazos, etc...

 
< Anterior